Será que, reflectindo situacións tan duras e violentas ,non hai esceas agresivas . Será que estas rapazas e rapaces están bastante sensibilizados co tema, que saben está pasando polo que oen nas noticias. Sexa polo que sexa consideran que foi moi interesante lelo.
Dálles pena que, por ser diferente, se ataque a alguén.Eles non coñecen persoalmente a ninguén que sufra acoso pero lamentan eses intentos de "insultar" por parte dalgunhas persoas cando te chaman gafotas ou boliña.E dicimos "intento" porque , moi maduros eles e elas, cren que non ofende quen quere senón quen pode; e que non hai mellor desprezo que non dar aprezo; e que os demais poden dicir como me ven pero non necesariamente son así.
Deu tempo a conversar sobre a diferenza entre rirse con... e rirse de...Quixemos criticar aos personaxes do libro que, ao comezo, todos ,contribuían a que Sonia tivera "morcegos" que a mordían na súa barriga.Puidemos falar das simpatías que despertaron Inés e Juan... e das malas persoas que eran Lola e Álvaro , co agravante de que este era un adulto que debía velar porque nunca ocurrise o que sucedía .
Quedounos a tod@s moi clariño que situacións similares, calquera que sexa a súa gravidade, hai que cortalas de raíz , se nos pasara debemos falalo e se vemos a quen lle ocurren non podemos permitir que sucedan:sempre hai que actuar contra o acoso.
Foilles doado de ler e tiñan pena por non coñecer máis historias dos personaxes. Calmeillela un pouco cando lles falei de Nata y Chocolate invencibles , libro no que seguen sendo portagonistas Sonia e os seus compañeir@s de clase.
Sei cal será un dos libros máis emprestados estes días na biblioteca!
0 comentarios:
Publicar un comentario