Ao falar de "Nata" , a protagonista do libro, só unha rapaza sabe cales son, exactamente , os rasgos dunha persoa albina.Todos entenden os alcumes dos protagonistas por tratarse , nun caso, dunha nena de pel moi branca ,ou escura no caso de "Chocolate".Claro, segundo estes alumnos, é normal poñerlle alcumes aos máis baixos, aos "listos", aos gordos, aos máis "burros" , e , se algún vén de fóra, tamén lle podemos chamar "sen papeis", "panchito" ou "moreno". Por suposto , iso son motes , non se exerce ningún tipo de discriminación.Do mesmo xeito, varios consideran que a inmigración debe ser controlada , pois poden vir para "sacarnos o traballo aos de aquí".
Claro que o libro lles gustou a todos/as e algúns non compartían as opinións anteriores e , por suposto, absolutamente ninguén se considera racista nin capaz de discriminar a outro/a.
Creo que temos un importante labor por diante con respecto a este tema, ou non?
0 comentarios:
Publicar un comentario