A rapazada de 3º A de E.S.O. tiña que ler Contos de medo no museo , un libro de relatos no que Marilar Aleixandre , Fina Casalderrey, Xosé A. Neira Cruz e Antonio Reigosa contan historias de medo que teñen como esceario o Museo Provincial de Lugo.
Dos catro relatos so un está baseado nun cadro exposto no devandito museo, e foi sobre o que versou a conversa deste tempo de lecer ( no máis amplo dos sentidos).
Quizais porque o conto de Marilar Aleixandre era dos que menos medo daba, ao mellor porque os protagonistas son nenos que viven aló polo 1940 , tal vez porque a trama trancorre nun ambiente académico ( ben diferente ao de agora, por certo) , talvez porque a parella protagonista axuda a uns fuxidos na postguerra , ou , se cadra porque mirando a pintura de Xulia Minguillón sentímonos moi motivados a participar, esta narración monopolizou toda a nosa atención.
Falouse de cando e como se impartían as clases nas casas, de que alumnos podían asistir, do que custaba acudir ( porque primeiro había que traballar , porque os pais tiñan que pagar en especie á mestra ...)
Non lles gustaría verse "teletransportados" a aquela época. Esta é mellor en todos os sentidos.

Na pintura chamoulles a atención o guapos que estaban todos os escolantes deducindo que a imaxinación da pintora vestiunos " de festa".
Entre @s asistentes había persoas ben informadas , outras que " algo oiran" das escolas do "ferrado" e , ás máis, que abrían a boca dunha cuarta cando , a que escribe, que , curiosamente tamén impartiu clases en Vilapol , a aldea na que Minguillón viu a escea que a inspirou , lles contaba as súas experiencias no campo do ensino ,aló polos anos 80 , que non se diferenciaban moito das que se ven na escola do cadro.
Concluímos que, mirar para atrás é bo pero non para retroceder ,senón para avanzar e mellorar.
0 comentarios:
Publicar un comentario