
As impresións que Pabellón 11 deixou na rapazada de 2º de Bacharelato foron ben diferentes, ata o punto de obrigarnos a exclamar : que ben!É bo que haxa controversia.
Houbo a quen lle gustou moito, lle encantou. Quen sufriu cos bárbaros actos narrados , quen chorou mentres lía ao meterse na vida dos personaxes ata o punto de desexar entrar na historia para intervir. Pola contra, temos a quen non lle gustou e argumenta,por exemplo, que o autor emprega tópicos demasiado utilizados na narrativa con temática nazi.
Outras diferencias argumentaronse co xeito de narrar, na perspectiva do narrador do relato.Se para algunha persoa o libro...