30 nov 2015

Esquecín olvidar

O pasado martes, tamén o alumnado de 3º A tivo a súa reunión para falar de Engurras de Paco Roca. Nela comezaron identificando ao protagonista cunha cor. Escolleron as cores que eles asocian coa tristeza, a soidade e mesmo a morte: negra, gris,marrón... en todo caso  cor escura. Gustoulles  o personaxe de Emilio, ao que consideran realista, intelixente , divertido e un bon amigo. Con respecto ao matrimonio que comparte mesa cos protagonistas quedaron conmovidos pola historia de amor desa  entrañable parella. Os nosos rapaces comprenden a enfermidade do alzhéimer e, algúns , conviven con ela: María ten unha  tía enferma;...

29 nov 2015

Reunión do alumnado de 2º de Bacharelato

 Os animais rebeláronse contra a tiranía do granxeiro. E que fixeron? Botárono e quedaron eles  mandando na granxa. Parece que as cousas saian como deben saír. En toda sociedade hai normas. Na granxa animal  escribíronas  e a derradeira era perfecta: "Todos os animais somos iguais". Quen non envexaría unha sociiedade que promete ser tan xusta? Conversaremos  sobre o que acontece nesta fábula satírica. Faremos una lectura literal e tentaremos  interpretar as situacións vividas polos personaxes que nela aparecen, porque dan para moito. O martes poñeremos en común o que pensamos e depois, contarémolo aqu...

26 nov 2015

O alzhéimer rouba vidas

O que sorprendeu ao alumnado de 3º B de E.S.O. da lectura de Engurras de Paco Roca foi o esquecemento, a soidade, a dor, a pena, a frustración,a familia, a vellez, a solidariedade... Segundo se adentraban nas súas páxinas, como lectores da historia e observadores das imaxes debuxadas,  sentíanse, maioritariamente, tristes.Pero tamén houbo quen se notou preocupad@, empátic@, angustiad@, morriñent@, reflectid@...E cadaquén sabía o porqué destes adxectivos. Resumimos a historia intercalando as opinións que estimaron oportuno achegar e esmigallamos as consecuencias da enfermidade nas persoas  que "sofren o alzhéimer", como  expresou...

25 nov 2015

Pinta o mundo de laranxa!

Hoxe ,25 de novembro é  o  Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Neste ano a ONU anímanos a realizar  " eventos laranxas" entre o 25 de novembro e o 10 de decembro, data na que se conmemora o Día dos Dereitos Humanos.A actividade consiste en compartir  en facebook e/ou twitter  fotos, mensaxes e/ou vídeos nos que se observe  o noso lugar , o noso vecindario vestido de laranxa. Segundo un informe da ONU ,  unha de cada tres mulleres sufriu violencia física ou sexual, principalmente po parte dun compañeiro sentimental.Podes ampliar a información nesta  infografía  Cos nosos...

22 nov 2015

Reunión do alumnado 3º A e B de E.S.O. e P.M.A.R.

Poderás facelo na reunión que o alumnado do nivel de 3º de ESO terá na Aula Multimedia e de 1º de E.S.O ,porque nos dividiremos en grupo A e B, coma sempre. Será ás 11:15 h , durante o recreo. Sería convinte que trouxerades panos porque  alguén xa me contou que  as bágoas corrían polas súas meixelas durante a lectura. Snif!! &nbs...

19 nov 2015

E do lobo que foi?

Morreu ou non morreu? O alumnado está seguro de que si, que morreu. E logo..., como é que se escoita  á parrula e ó  paxariño discutir no estómago do lobo? A ver? Como? Houbo explicacións varias e ,despois, buscamos finais alternativos ao tempo que comentamos o desenlace que lle dera , no seu día, Sergei Prokofiev. Escoitamos un anaco do conto na voz de Mon Santiso , coa interpretación da Xove Orquestra de Galicia (XOG) que quedou de fondo mentres falamos acerca do libro en si ,de ser afeccionad@s ou non á banda deseñada e, finalmente ,das ilustracións escollidas  pola rapazada. As persoas que o desexaron manifestaron as súas...

18 nov 2015

Vivenda? Grande e luxosa?

"Entramos" na "Mansión dos Pampín" e descubrimos que nos timaran: os Pampín non resultaron ser unha familia da elite, senón de clase media   e residentes nun piso  un tanto ordinario, como moitos dos que abundan nas nosas vilas e cidades. Despois de facer preguntas para comprobar a lectura da historia.Soubemos que se cumpriran os nosos desexos: non só leron e comprenderon o libro, ademais gustoulles. Fixámonos en varios deseños: a casa herdada, a praza da pequena vila onde residen o alcalde e o contratista de obras, as imaxes que representan a Santiago de Compostela e, por último, na praia onde os protagonistas van pasar...

15 nov 2015

Reunión do alumnado de 2º de E.S.O.

Se xuntamos un bosque, un neno e un lobo...que sairía de tal mestura? Un conto!! Claro! Pois un relato fascinante , cheo de fermosísimas imaxes  que sairon da man dun artista como  Miguelanxo Prado, e unha entrañable  peza musical son a combinación perfecta para que o vindeiro martes, a rapazada de 2º de E.S.O. o pase ben na reunión do Club de Lectura. Será , coma sempre, ás 11:15. Tod@s na Aula multimedia. Faremos que dure a fascinación do bosque tal como nolo  desexou o debuxante cando visitou Chantada, hai xa uns aniños.(Mirade na foto)...

13 nov 2015

Feliz Día das Librerías

Cantos de vós pensastes, algunha vez, que  vos gustaría moitísimo ter unha librería? Cando eu era cativa, o que máis me gustaba, despois de xogar c@s amig@s, era ler.Onde eu vivía non había librerías.A máis próxima estaba  nunha vila a 15Km .Cada vez que ,co meu pai case sempre, entraba nunha librería sentía que alí era  o lugar no que non me importaría pasar horas e horas. Que gozada poder ler, sen estragar, canto libro estivera ao alcance da miña man!! De regreso á casa, organizaba con caixas unha especie de andeis nos que colocaba os libros que había na casa( non moitos) e vendíallos (facía que llos vendía) aos meus irmáns...

12 nov 2015

Somos da aldea

       E ben orgullosos que nos sentimos!!       Pero os protagonistas da nosa lectura, a familia Pampín, parece que nada da aldea lles resulta atractivo.       Estes Pampín teñen unha idea ben equivocada  sobre o que é "calidade de vida", pensan os nosos rapaces e rapazas.       Miguelanxo Prado, en  A Mansión dos Pampín  creou unha familia que, como comentaba a rapazada, xa se vía que era peculiar.Para empezar, nin trataba nin quería á defunta tía,por iso ela deixo o testamento do xeito que quedou. Nós sentenciamos que...

8 nov 2015

Reunión do alumnado de 1º de E.S.O.

Como che gustaría que fose a túa casa? Gustaríache ter unha mansión como queren os Pampín ?  Que é unha casa para ti? Disto e doutras cousas que hai no  libro, tanto en imaxes como en texto,  falaremos o vindeiro martes,10 de novembro. Será coma sempre , na hora do recreo na Aula Multimedia e na de 1º  de E.S.O. ...

7 nov 2015

Os nosos libros de outono

Estas son as lecturas dos diferentes grupos de a Quenda do Libro. Quenqueira que sexas, se che apetece ler algunha podes , despois, asisitir as nosas reunións ( consulta o calendario da marxe dereita do blog ) ou mandarnos a túa opinión seleccionando a pestana do foro  e participan...

6 nov 2015

Adeptos ao cómic

Que son cómics? que cómics coñezo? Que personaxes de cómic podo nomear?     Todas esas preguntas foron respondidas polas persoas asistentes á reunión do pasado martes na que falamos - e vimos vídeo- dos antecedentes do cómic , das primeiras  tirasde cómic que se coñecen co seu pintoresco personaxe  "o rapaz amarelo" ( the yelow kid)  e o primeiro uso do bocadillo para conter a mensaxe dun personaxe.Acabamos  citando os protagonistas máis sonados.Aínda que lle custou á rapazada , en canto viron as imaxes decatáronse de que eran moitos os coñecidos. Chamoulles a atención saber o ano de aparición deses personaxes...

5 nov 2015

Que non lles gustan os cómics

                                                   Normal 0 false false false ES X-NONE X-NONE ...

4 nov 2015

Propoñemos unha historia tenra

Normal 0 false false false ES X-NONE X-NONE /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla...

2 nov 2015

Reunión do alumnado de 4º de ESO e PDC

O Vindeiro martes, 3 de novembro o alumnado de 4º de ESO e 4º PDC terán a súa reunión do Club de Lectura. Propoñerémosvos  a lectura deste trimestre e faredes as vosas suxestións para as dos outros trimestres. Mais tamén falaremos dunha parella de namorados. Eses que son  envexados por tod@s porque se queren , porque posúen unha casa no mar, porque son artistas... Pero, sempre hai un pero. Falamos mañá , ás 11:45 na Aula Multimedia e na de 1º de ESO.   ...

Valorizar os libros

Rematou a semana adicada a festexar o Día das Bibliotecas Escolares. Despois de catro días  pechou   o Mercadiño ao que, sobre todo o derradeiro día, chegaron moitos libros de préstamo.  Dende o Club de Lectura e a Biblioteca  realizamos esta actividade para  favorecer a convivencia e a solidariedade entre as persoas que conforman a nosa comunidade escolar  e ,ao tempo ,fomentar o gusto polos libros. Cada periodo de lecer  achegabanse rapazas e rapaces que ollaban os exemplares  mentres comentaban con compañeir@s cal lectura lles gustara, cal non, de cal querían  que o autor fixera continuación...

1 nov 2015

Reencontro de amig@s lector@s

A reunión do pasado mércores na Biblioteca no IES Lama das Quendas resultou tan agradable e productiva coma sempre. Tod@s fixeron varias lecturas no verán, están a ler agora mesmo e aínda están dispost@s a meterse na vida de  Felícito e Ismael, os dous protagonistas de El Héree Discreto, novela do Premio Nobel de Literatura Mario Vargas Llosa. Sempre chegan interesados no que lles imos propoñer e aceptan encantad@s  as suxestións desta mediadora. Conversamos sobre literatura e  actualidade , marcamos a data e hora da vindeira reunión  e procedemos ao préstamo dos libros que cada asistente quixo levar. Algún a pares!!...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India