Se nunha entrada anterior dei conta do que se falou na reunión de pais, nais e amigos de A Quenda do Libro, nesta quero valorar o que se fai nesas "reunións paralelas" que sempre teñen lugar.
Explicareime.Na reunión do pasado mécores ,10 de decembro,estivemos nove persoas pero Arrugas / Engurras de Paco Roca foi lido , polo menos,por outras seis máis que tamén pertencen ao club de lectura.
Se alguén se pregunta como o sei entenderano axiña.
Nunha vila onde tod@s nos coñecemos aproveitamos calquera momento para facer o que nos gusta en calquera ocasión e con quen se preste.
A saber, dúas nais coas que me atopei nos corredores do instituto días antes da xuntanza,aproveitaron a ocasión para intercambiar opinións sobre o que leran e ...