
"Esta é a historia dun home que ten que emigrar porque onde vive hai demasiadas dificultades, guerras, pouco traballo...Deixa muller e fillos e vaise á cidade.Quizás isto pasou na época da Revolución Industrial que viaxa nun barco de vapor. Ou pode que fose noutros tempos e se dirixira a América.Fose a onde fora , chegou a un lugar no que se sinte raro, pequeno, insignificante, estraño, acurralado...
Sobrevive con penuria. Non lle queda outra. Pasa o tempo e , por fin!, consegue reagrupar á familia. Xa xuntos adáptanse ao novo espazo e aos novos costumes porque é o que toca.E chega un día no que teñen que axudar a outr@s que...