
Sobrevive con penuria. Non lle queda outra. Pasa o tempo e , por fin!, consegue reagrupar á familia. Xa xuntos adáptanse ao novo espazo e aos novos costumes porque é o que toca.E chega un día no que teñen que axudar a outr@s que chegan na mesma situación na que ele@s o fixeran antes."
Este non é un relato novo. Nós, @s galeg@s, que somos de terra de emigrantes sabemos que esta historia foi vivida por moitos dos nosos antepasados: os avós de Lucía que emigraron a Francia e non entendían nada; a avoa de Olaia que marchou tamén para Francia e durante toda a viaxe foi estudando palabras nun diccionario para poder entender algo; ou a tía de Brais que emigrou a Alemaña para traballar nunha fábrica de chocolate na que realizaba a súa tarefa por imitación ,sen ter nin idea do que facía porque non entendía nada...Tant@s!!!
Marchar da casa , daquela e hoxe, por necesidade económica e á procura de traballo é moi , moi duro.E se descoñeces o idioma do país ao que vas, aínda peor.
A nosa xente sae ao estranxeiro a traballar mentres ao noso país, cada vez menos, chegan emigrantes doutras latitudes, refuxiados...Como debemos actuar con quen vén? Temos a lección aprendida?
Shaun Tan fixo este fermosísimo e espectacular libro cheo de detalles de diferentes lugares, paisaxes, animais raros e repleto de persoas con sentimentos nobres e xenerosos que non falan ningunha lingua (é un libro sen texto) .Trátase de seres que , con dificultades, logran entenderse.
0 comentarios:
Publicar un comentario