30 dic 2016

Grazas a tod@s por este ano de poesía

228 persoas implicadas neste ano de poesía adicado a Manuel María que rematou coa emisión do derradeiro poema noa noite de  onte. Dende aquel 7 de xaneiro no que comezara a emisión dos poemas de Manuel María en Televinte, moitísimas persoas colaboraron coa iniciativa da Biblioteca do I.E.S Lama das Quendas.Unhas residen en de Chantada ( aínda que chegaran de Venezuela, Marrocos, Corea ou comunidades como  A Rioxa ou Castela-León) , outras en concellos veciños como Ferreira, Monforte, Taboada ... e aínda outras trouxeron as súas voces de ben lonxe , como dende Rosario ( Arxentina). Despois de participar neste proxecto de divulgación...

24 dic 2016

Felicidade e fartura!!!

O Apalpador é un personaxe mítico galego, un carboeiro que na noite do 24 de decembro, ou o 31 , baixa da montaña a levarlles os agasallos @s nen@s. Entra pola noite nas casas, vai aos cuartos mentres durmen e apálpalles a barriguiña para ver se están ben mantidos e déixalles unha presa de castañas, noces e xoguetes co desexo de que teñan moita felicidade e fartura no que tempo que vai ata o seguinte Nadal. A rapazada ten tal inquedanza que non para de rebulir e hai que cantarlle esta cantiga: Vaite logo, meu meniño (miña meniña) marcha agora para a camiña Que vai vir o Apalpador a apalparche a barriguiña                                             ...

22 dic 2016

FELICES VACACIÓNS!!

   Que           teñades                      unhas                BOAS FESTAS!!...

21 dic 2016

Pamp@s cos Pampín

«Estes Pampín son parvos!»-di un rapaz ao entrar na reunión.E despois, matizou a súa afirmación: «escolleron o lote equivocado!»E , a partir destas palabras continuou unha conversa na que tod@s participaron dun xeito moi activo amosándonos novos puntos de vista,e puntualizando e argumentando opinións. Concordamos en que Indalecio descoñecía o que agachaba cada lote, en que non merecían a herdanza , en que se atoparon na vila con canto pillabán había, en que os ricos da aldea parece que chegaron a selo por medios pouco lícitos, e en que nos gustou A Mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado a tod@s menos a un que se queixa das ilustracións. E...

Se tes ollos e oídos...

É tan fácil coller o camiño malo!Na vida real (á actualidade diaria me remito)  e na ficción, como pasou en A Lingua das Bolboretas, por exemplo. Esa escolla errada parece que foi a que fixo Pierrot, o protagonista, de  El niño en la cima de la montaña, de John Boyne, que detestaba a violencia, fuxía da confrontación e...que fixo despois? Pois así somos os humanos, queremos as cousas pero non as súas consecuencias. Pierrot evoluciona co paso do tempo pola educación? que recibe. Estamos convencidos da importancia da educación, do valor da información que reciben @s nen@s e da relevancia de ensinarlles a pensar , a criticar e a asumir...

20 dic 2016

Historia de misterio...ou non tanto?

Pais,nais e amig@s do club leramos El cuento número trece de Diane Stterfield  e o pasado mércores, xuntámonos para falar entre nós del. A novela gustoulle moito a algunhas persoas e bastante menos a outras.(Xenial, porque a situación perfecta para comentar un libro é que haxa pluralidade de opinións).Quen se "enganchou" dende as primeiras liñas e quen parou de ler e obrigouse a retomar a lectura días despois.De calquera xeito ninguén está arrepentid@ de ler esta historia que para un par de persoas foi moi predecible.(Outr@s fomos excesiamente inxenu@s?).Esas asistentes contáronnos que  se decataron de determinadas accións que...

O tren que nos leva a un mundo incerto

Esta vez, eramos pouc@s na reunión; pero falando de Engurras, de Paco Roca,  o tempo voou. A María gustoulle moito libro, porque ten tantas historias! No microcosmos da residencia hai profundas relacións de amistade e de amor; como a da muller que segue o seu marido para estar con el ata a fin. Hai lembranzas que atravesan a mente como estrelas fugaces o olvido; hai loita pola supervivencia e « trapicheo» como nos mellores filmes carcelarios; hai tamén un tren, onde viaxa a muller que nunca envellece, o tren onde tod@s imos e quixeramos baixar antes de chegar á soidade total, á vida sen vida do andar de arrib...

19 dic 2016

Reunión do alumnado de 1º A e B de ESO

Esta semana si que vos toca! Mañá martes, ás 11: 15 h xuntarémonos para comentar A Mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado que a estas alturas tod@s coñecedes moi ben. Creo que imos ter unha sorpresa nesa reunión. Agradable , por suposto. Se queredes, vémonos!...

Lembrarlles a nenez!

Por nada do mundo quixeran ver ás súas avoas,xa non lles viven os avós, nunha residencia como na que están os personaxes do libro que leron. Unha das asistentes non pode nin pensalo sen que as bagoas aparezan nos seus ollos. Quérenas moito. E  Engurras de Paco Roca a algúns parecéulles triste. Demasiado. Outr@s gozaron coa historia d@s residentes sobre todo cando  facían trastadas coma se fosen rapaces pequenos. Critican o "abandono" ou "despreocupación" de moitos familiares. Pensan que se os visitaran máis veces o seu deterioro non sería tan rápido. Saben, por experiencia, que cando unha avoa recibe a súa visita "alegrámoslle o...

12 dic 2016

Reunión do alumnado de 2º de ESO e PMAR

O vindeiro martes, 13 de decembro, teremos a reunión do alumnado de 2º de ESO e PMAR para comentar o libro de Paco Roca titulado Engurras. @s superticiosos din « en trece e martes nin te cases nin te embarques nin da túa casa te apartes». Nós non imos facer nada diso, senón que imos falar; logo non teremos en consideración as supersticións. Así que , rapazada, ás 11:15h. nas Aulas Multimedia e Obradoiro, agardámosvos para pasar un anaco entretido esfiañando a novela gráfica que acabamos de ler. Por certo, se podedes visitade está páxina na que se nos fala dunha interesante experiencia relacionada con anciáns. ...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India