O xogo limpo púxose en práctica o pasado martes, na reunión do alumnado de 2º de E.S.O.
Estando na semana da paz e sendo tod@s conscientes do que precisamos para a mesma iniciamos unha actividade na que a convivencia e o respecto predominaron fronte a competitividade e o enfrontamento.
Por grupos,@s alumn@s de A e B mesturad@s xogaron a un xogo de mesa que en vez de ocas tiña pombas da paz e se caías nunha delas podiamos dicir " de pomba a pomba e fago outra ronda".En cada casiña había unha imaxe relacionada coa paz no mundo.Rapazas e rapaces dun curso e doutro xuntos, nun clima de paz e amizade, gozando coa actividade.Daba...
29 ene 2016
25 ene 2016
Reunión do alumnado de 2º de E.S.O.

Rapazada de 2º de E.S.O. que pertencedes ao club de lectura, vémonos o vindeiro martes, 26 de xaneiro , ás 11:15 horas, nas aulas habituais de reunión.
Falaremos de cousas serias, coma sempre. Nesta ocasión, do Día Escolar da Non Violencia e a Paz , que se conmemora o 30 de xaneiro, que como cae en sábado , día non lectivo, temos que adiantalo.
Lembrade que tedes que vir "armados" con cubiletes, dados e figuriñas que fagan de fichas.
Ata o martes...
24 ene 2016
Semana Escolar da Non Violencia e a Paz

Gustaríanos que non houbera un Día da Paz porque sería a proba de que as persoas viviriamos nun mundo de comprensión,...
21 ene 2016
"Vivindo a vida en paz"
Nada máis entrar na aula , a rapazada puido escoitar o tema "No dudaría" ,de Antonio Flores, que deu inicio á conversa sobre a paz, a non violencia, a non agresión ,a fraternidade... E, deseguida, pediron que sonara ( menos mal que xa a tiñamos preparada) "Imagine " de John Lennon que orixinou distintos comentarios que viñan a ser desexos expresados en alta voz.
Posteriromente, as notas do " Himno da alegría" puxeron a música ao obradoiro da paz que realizamos no que quedaba de reunión.
Traballamos nas actividades coas que pretendemos conmemorar o Día Escolar da Non violencia e a Paz , así que recortaron a...
18 ene 2016
Reunión do alumnado de 1º de ESO

Todo o alumnado de 1º de ESO A e B sabede que temos a reunión do club mañá martes,19 de xaneiro.Será , coma sempre , na Aula Multimedia , ás 11:15 horas.
Traede material para escribir e debuxar porque o imos empregar durante a sesió...
13 ene 2016
O comezo da fin
Ao alumnado de 1º de Bacharelato resultoulles moi difícil de ler a primeira novela da triloxía de Apocalipse Z .Non pola linguaxe, senón máis ben pola temática. Non son lector@s de ciencia ficción, ni habituais nin esporádic@s, polo que lles custa meterse nese mundo que nos propón Manel Loureiro.
Particularmente , non cren nin nos non-mortos nin en nada que se lle pareza, prefiren lecturas verosímiles,prefiren a fantasía probable.
Non había moito que comentar polo escaso interés que lles provocou a novela que algunhas persoas, ademáis, nin siqueran remataron por non ser do seu agrado.Comezaron neste xénero e remataron co mesmo libro.
Aínda...
11 ene 2016
Reunión do Club de 1º de Bacharelato

Non sabemos cando vos puxestes a ler Apocalipse Z : O comezo da fin de Manel Loureiro.Se foi durante as últimas vacacións , de seguro que nalgún momento abandonastes a lectura para buscar a un familiar , un amig@ ou a vosa mascota para darlle un chisco de cariño e que volo deran a vós.
O protagonista da novela atópase nunha situación extremadamente complicada e ,dende o principio, non ten información ningunha,e, pouco a pouco, vai pasando da confusión e preocupación a un fortísimo instinto de supervivencia.
Para contarnos o que sentiches, o que pensaches o que che gustou e che disgustou desta novela de zombies, a primeira da triloxía...
10 ene 2016
A colonización de Marte
"Este é un libro que escollería para ler eu dun xeito egoísta". Esta era a opinión dunha compañeira sobre Crónicas Marcianas. Quéreo para saborealo e meditalo a medida que as palabras de Rad Bradbury penetran na súa mente.Gústoulle tanto que xa está programando unha segunda lectura.
Pola contra, outras persoas non teñen plans de relectura destes relatos.
Ninguén acabou disgustado trala lectura ,pero a uns gustoulles e a outros non.
Pouc@s de nós somos d@s que len habitualmente ciencia ficción. So para un dos asistentes é o seu xénero favorito.Pero , aínda así, resultounos fácil de ler porque , entre outas cousas, os personaxes...
7 ene 2016
O ano de Manuel María

Para festexar o día das letras galegas, que este ano se dedica a Manuel María, dende a Biblioteca do IES Lama das Quendas queremos que esta celebración non se quede nun so día e se estenda a todo o ano.
Para elo, en colaboración con Televinte, emitirase diariamente un poema do autor homenaxeado.
O Club de Lectura A Quenda do Libro que forma parte da biblioteca, está entusiasmado coa idea e xa moita da nosa rapazada ten gravado o seu poema e vari@s profesore@s e pais e nais tamén.
Se ti es dos que cres que as letras galegas son todo o ano,sexas ou non do noso club, colabora lendo un poema, acode á biblioteca...
6 ene 2016
A primeira reunión do ano novo!
Que ganas de que chegara o 2016!
E xa está aquí. E o profesorado do Club de Lectura quere comezar ben o novo ano e esta nova etapa do curso académico polo que temos programada a reunión para comentar Crónicas Marcianas de Ray Bradbury no recreo de mañá xoves, 7 de xaneiro.
E,se non estás no club pero leches o libro e queres facer algún apuntamento da túa colleita, achégate,ás 11:15 h. á Aula Multimedia onde falaremos desta colección de relatos nos que se fala da colonización de Marte.
Un libro que serviu de tema de conversa noutras novelas, mesmo xuvenís, e de inspiración para títulos de programas...