Particularmente , non cren nin nos non-mortos nin en nada que se lle pareza, prefiren lecturas verosímiles,prefiren a fantasía probable.
Non había moito que comentar polo escaso interés que lles provocou a novela que algunhas persoas, ademáis, nin siqueran remataron por non ser do seu agrado.Comezaron neste xénero e remataron co mesmo libro.
Aínda así houbo un alumno ao que lle encantou a lectura e xa está disposto a devorar os dous libros nos que continúa a historia.El mesmo se estranaba de ser o único a quen lle gustou.
Pero aínda que a historia non lles entusiasmou , tivemos ocasión de falar da información-desinformación do poder, das posibilidades reais dun ataque con armas químicas,das maneiras de subsistir en caso de aillamento...
Aínda lamentando que non desfrutasen co libro, el@s, @s alumn@s, e nós, as mediadoras, estamos content@s de telo intentado e de ter opinión ao respecto.
Quizáis cando teñan máis anos e máis experiencias intenten, de novo, ler ciencia ficción e atopen nela cousas interesantes.Ou non. Quen sabe!
0 comentarios:
Publicar un comentario