
Para elo, en colaboración con Televinte, emitirase diariamente un poema do autor homenaxeado.
O Club de Lectura A Quenda do Libro que forma parte da biblioteca, está entusiasmado coa idea e xa moita da nosa rapazada ten gravado o seu poema e vari@s profesore@s e pais e nais tamén.
Se ti es dos que cres que as letras galegas son todo o ano,sexas ou non do noso club, colabora lendo un poema, acode á biblioteca e escolle unha poesía que posteriormente será emitida no Telenovas para achegar a obra deste escritor a toda a nosa xente.
E se coñeces a calquera persoa que esté interesada invítaa a que se achegue ao noso instituto ou a Televinte onde tamén lle farán a gravación.
Por certo,hoxe comezan as emisións no Telenovas da canle local.
Anímate ti e participa!
0 comentarios:
Publicar un comentario