29 abr 2015

E se fose...

Martes,28 de abril de 2015 Hoxe foi o día da reunión do alumnado de 3º B de E.S.O. Tiñamos que comentar Donde aprenden a volar las gaviotas de Ana Alcolea e comezaron a falar Diego e María que  nos resumiron o argumento  do libro co que xa tiñamos traballado noutras sesións. E despois, comezamos a pensar " e se fose a nosa avoa ou o noso avó  quen, nos anos mozos ,vivira unha historia de amor cun nazi?" Dende esa premisa pasamosa analizar outras hipóteses. E se fose o meu avó un criminal de guerra? E se descubrísemos que foi o noso avó quen matou a García Lorca?  Tiñamos que estar seguros da certeza desas afirmacións,...

27 abr 2015

Premio ao mestre Agustín

Agustín Fernández Paz, vén de ser distinguido co Premio dos Clubs de Lectura 2015 por ter sido o  escritor máis seleccionado nos Clubs de Lectura de Galiza no 2014. Modestamente , dende o Club de Lectura A Quenda do Libro contribuímos a ese nomeamento porque , no ano académico anterior, seleccionamos para 2º de E.S.O. Contos por Palabras e para 3º de E.S.O, 1º de P.C.P.I  e 4º de E.S.O. O Único  que queda é o amor. Parabéns Agustín!!! Se queredes saber algo máis do asunto, consultade este enlace e teredes cumprida información na páxina das  Bibliotecas Escolares de Galicia Lembrade que este escritor da Terra Chá ten...

Reunión de 3º de E.S.O

 No  noreste de España e no  centro de Noruega pasan  cousas. Moitas cousas. A Barcelona chega Gurb e a  Trondheim pois... chega Arturo.  Do que lles pasou, do que pensaron, do que  viviron nas novelas que protagonizan , falaremos o vindeiro martes.Na Aula Multimedia ,3º A ;e na aula de 1º B ,os de 3º B. Agardámosvos o 28 de abril  ás 11:15 ...

26 abr 2015

E ti ...que farías?

Xuntemos consumo excesivo de alcohol,ganas de divertirse? e alcanzar sona e notoriedade subindo un vídeo á rede. Agreguemos uso inadecuado da tecnoloxía,enamoramento cego, egoísmo e non asunción de responsabilidades, e teremos un cóctel explosivo que pode derivar nunha situación similar á que se nos narra en El Rostro de la Sombra de Alfredo Gómez Cerdá. O pasado 23 de abril, atopámonos na Biblioteca do I.E.S. alumnos e alumnas ( que neste caso eran de 2º e 3º de E.S.O.), un pai, nais ,profesores e profesoras para festexar o Día do Libro 2015.Esta reunión conxunta, permitiunos  comprobar que a tod@s os asistentes  nos fixo reflexionar...

21 abr 2015

Día do Libro 2015

Mural do taboleiro de A Quenda do Libro O vindeiro 23 de abril, xoves, celebraremos o Día do Libro  cunha reunión conxunta dos membros do Club de Lectura: pais, nais, amigos, alumnado e profesorado. Lembrade que imos comentar El rostro de la sombra de Alfredo Gómez Cerdá  que relata a acción duns rapaces que graban   co seu móbil algo arriscado e perigoso.E , posteriormente, súbeno a internet porque queren que sexa un vídeo viral. E que pasa despois? Que desexarían borrar o sucedido porque o que fan ten consecuencias graves.  Alguén asume responsabilidades? Se o lestes xa o sabedes e se non  aínda estades...

20 abr 2015

Obradoiro de La Tumba de aurora K

Hoxe foi o día no que fixemos as dúas sesións de animación á lectura baseándonos en  La tumba de Aurora K de Pedro Riera. A editorial Edebé enviou a Benjamín para traballar este libro que xa comentamos no Club de Lectura. Falamos do que gustou , do que non, do que quitariamos do libro , do que non eliminariamos de ningunha maneira ,en fin do que pensabamos do libro... Posteriormente , en 2º B escolleron escenas da novela que representaron por parellas para seren adiviñadas pol@s compañeir@s, escolleron personaxes que tamén  representaron  marcando as súas características máis salientables e  ,por fin, debuxaron obxectos...

17 abr 2015

Animación á Lectura para 2º de E.S.O.

O vindeiro luns, 20 de abril, iniciaremos os actos da Semana do Libro coas sesións de Animación á Lectura ás que asistirán os alumnos e alumnas de 2º de E.S.O.  A e B nas súas respectivas Aulas. Xa tod@s leron La Tumba de Aurora K de Pedro Riera , xa falamos nas reunións do Club desta fermosa novela da que Gemma Lluc escribiu " Su historia es demasiado importante, pero sobre todo, las reacciones de los personajes, la manera de enfrentarse a los problemas, de superar las frustraciones, de construir una filosofía de vida desde la constancia, el optimismo. Crea un mundo donde el desaliento no tiene lugar, donde el amor y la familia...

15 abr 2015

Queremos ler poesía!!

Así se  manifestaba a  rapazada de 1º de Bac que pertence ao club.Afirmaban non entender, non saber como meterse nos versos dos diferentes autores. Faltounos tempo para organizar unha sesión e falar de poesía. Debatemos a diferencia que hai entre ler poemas porque queres ou telo que facer como traballo de clase.Algún manifestou estar convencido de que moitos compañeiros non len ningún tipo de lectura porque asocian a actividade de  ler con moreas de  datos  sobre os autores. Confunden as cousas. Propuxemos xeitos de enfrontarse a unha lectura de textos líricos.Puidemos comentar algúns trucos que nos farán gozar...

9 abr 2015

O Rosco da nosa lectura

Tras unha semana de vacacións,poucas ganas de comezar coas rutinas  do instituto  pero empezan as clases.E o primeiro día xa quedamos sen recreo!  Non, non.Estas non foron as reflexións do alumnado de 2º B de E.S.O. que acudiu animoso á cita do club de lectura para comentar No te laves las manos Flanagan de Andreu Martin e Jaume Ribera. Comezamos completando un rosco do abecedario con  respostas relacionadas co lido na novela. Por parellas, e un grupo de tres, durante quince minutos procuraron atopar a solución ás preguntas que se lles facían. Se ben o intentaron , non houbo ningún equipo que lograse atinar todas as...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India