![]() |
Mural do taboleiro de A Quenda do Libro |
O vindeiro 23 de abril, xoves, celebraremos o Día do Libro cunha reunión conxunta dos membros do Club de Lectura: pais, nais, amigos, alumnado e profesorado.
Lembrade que imos comentar El rostro de la sombra de Alfredo Gómez Cerdá que relata a acción duns rapaces que graban co seu móbil algo arriscado e perigoso.E , posteriormente, súbeno a internet porque queren que sexa un vídeo viral.
E que pasa despois? Que desexarían borrar o sucedido porque o que fan ten consecuencias graves.
Alguén asume responsabilidades? Se o lestes xa o sabedes e se non aínda estades a tempo de facelo ata o xoves e así poderedes dar a vosa opinión sobre cada un dos personaxes da novela e os feitos que acontecen.
Tamén podes acompañarnos e escoitar as opinións dos asistentes que seguro te invitan a facer a lectura!
Tamén podes acompañarnos e escoitar as opinións dos asistentes que seguro te invitan a facer a lectura!
0 comentarios:
Publicar un comentario