Hoxe foi o día no que fixemos as dúas sesións de animación á lectura baseándonos en La tumba de Aurora K de Pedro Riera.
A editorial Edebé enviou a Benjamín para traballar este libro que xa comentamos no Club de Lectura.
Falamos do que gustou , do que non, do que quitariamos do libro , do que non eliminariamos de ningunha maneira ,en fin do que pensabamos do libro...
Posteriormente , en 2º B escolleron escenas da novela que representaron por parellas para seren adiviñadas pol@s compañeir@s, escolleron personaxes que tamén representaron marcando as súas características máis salientables e ,por fin, debuxaron obxectos que aparecían na lectura mentres os compañeir@s trataban de atinar que eran.
E en 2º A,ademais, tras comentar o desenlace do libro, fixeron , en grupo, unha actividade de reescritura do final da novela tendo en conta unha serie de variables que condicionaron a posta en escena que representaron @s alumn@s a continuación.
A rapazada pasouno moi ben e despediu ao animador con aplausos de agradecemento.
Velaí tedes algúns momentos da actividade en 2º a e 2º Bde E.S.O.
.jpg)
Velaí tedes algúns momentos da actividade en 2º a e 2º Bde E.S.O.
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
0 comentarios:
Publicar un comentario