Ola amig@s!
Novo martes e nova reunión da rapazada de 4º que non estivo tan concorrida
como habitualmente porque o alumnado de P.D.C. saíra a unha actividade complementaria da que non regresou a tempo para asistir.
Na reunión había rapaces que só leran O Principiño, outros que so leran O único que queda é o amor e , outros que leran ambos.
O primeiro calificativo atribuído ás dúas lecturas foi:fantásticas!
Despois comezamos a analizar cada lectura máis polo...
29 abr 2014
28 abr 2014
Un"Príncipe" para 4º da E.S.O. e P.D.C.
Ola rapazada!
Con esta nota quero lembrarvos a reunión que teremos mañá martes, na hora do recreo, na Aula Multimedia para comentar O Principiño de Antoine de Saint -Exupery.
Vémono...
23 abr 2014
DÍA DO LIBRO 2014
Hoxe, 23 de abril de 2014 conmemoramos o Día Internacional do Libro no I.E.S. Lama das Quendas cun evento que tiñamos no noso blogue e no facebook onde foi moi visitado. O evento en facebook tivo 235 visitas o que nos enche de satisfacción.
Hoxe fixemos unha liberación masiva de libros.É posible que o de "masiva" sexa algo inapropiado porque non logramos un cuantioso número de liberacións. Por que? Despois da xornada, xa temos analizado o resultado e consideramos tres razóns principalmente. A primeira porque foi un evento demasiado "pegado" ás vacacións...
22 abr 2014
Comentando Maus e preparando o Día do Libro
Ola a tod@s!
Recén incorporados do periodo vacacional tivemos a reunión do grupo de 3º de E.S.O. e o P.C.P.I. na que falamos sobre a lectura que nos ocupa ,Maus de Art Spiegelman. Algúns xa remataron pero outros aínda a están lendo por iso non afondamos nos comentarios xa que queremos que cada un descubra o que nela hai por si mesmo sen "fastidiarlle" nada.
Posteriormente preparamos a actividade de mañá que consiste na Liberación Masiva de Libros durante a hora do recreo.
...
21 abr 2014
Reunión do alumnado de 3º de E.S.O e P.C.P.I.
Ola!
Lémbrovos que na Aula Multimedia, mañá 22 de abril, ás 11:15 horas, teremos a reunión de 3º de E.S.O. e P.C.P.I na que comentaremos como van as lecturas e prepararemos a celebración do Día do Libro 2014.
Vémono...
8 abr 2014
Hoxe todos fomos Abdel

Ola a tod@s!
A rapazada de 1º B de E.S.O. chegou hoxe á Aula Multimedia un chisco famenta e con sabor amargo no padal (en sentido literal e figurado). Pero axiña matamos a fame e trocamos o amargor pola sensación doce de quen entende o que pasou e está disposto a cambialo.
A sensación de impotencia ao ver como un rapaz dos seus anos pode pasar por situacións tan duras , tan difíciles e graves era a que traían no peto mais , despois de debullar o contido da lectura, puxéronse as cousas no seu lugar e xa saíron con outras...
6 abr 2014
O martes faremos de Alicia e Miguel
Ola amiguiñ@s de 1º B de E.S.O.!
O vindeiro martes, 8 de abril, tentaremos entre todos falar da maneira de conseguir que non haxa máis rapaces que teñan que pasar por situacións coma a de Abdel nunca máis.
Comentaremos a lectura e ... non comeremos flores. Ou si?
Vémonos....
4 abr 2014
Palabras de Caramelo
Ola a tod@s!
Con un pouco de retraso chega a crónica do que a rapazada de 1º A fixo na súa reunión do martes,2 de abril.
Tocaba comentar Palabras e Caramelo de Gonzalo Moure e o libro sóubolles moito. A expresión máis repetida foi: "é precioso".
Para que tod@s, os vinte e tres que viñeron ( aínda que tres tiveron que ausentarse) , falasen algo da lectura fixemos un xogo.En tiras de papel anotei palabras ou frases do libro .Os papeis foron repartidos entre os asistentes e así cadaquén ...