Ola amig@s!
Novo martes e nova reunión da rapazada de 4º que non estivo tan concorrida
como habitualmente porque o alumnado de P.D.C. saíra a unha actividade complementaria da que non regresou a tempo para asistir.
Na reunión había rapaces que só leran O Principiño, outros que so leran O único que queda é o amor e , outros que leran ambos.
O primeiro calificativo atribuído ás dúas lecturas foi:fantásticas!
Despois comezamos a analizar cada lectura máis polo miúdo.
Así, segundo a opinión do alumnado de 4º de E.S.O. , a obra de Saint-Exupery é unha crítica feroz á nosa sociedade. E facían fincapé no de "nosa" dado que é plenamente actual. Cada reflexión, cada expresión do cativo protagonista é unha lección para a nosa vida. Salientaron os seguintes valores reflectidos ao longo da obra:
a) O esencial é invisible aos ollos, o que importa non se ve de xeito doado e debemos valorar ás persoas polo que son e non polo que teñen.
b) A amistade é un piar básico nas nosas vidas e o raposo aceptaba ser domesticado so para ter un amigo.Pero nós temos amigos non domesticados e hai que coidalos.
c) Se nos coñecemos e coñecemos ben aos demáis saberemos a onde poderemos chegar e so esixiremos o que un sexa capaz de alcanzar. Cando o saibamos seremos sabios.
d) Camiñar sempre en liña recta pode que non nos leve a ningures.Aínda que os humanos sempre dicimos que o camiño máis curto é a liña recta , a rapazada de 4º cre que moitas veces hai que facer curvas, dar pasiños atrás... para avanzar axeitadamente.
e) Todo o que facemos ten as súas consecuencias...
Estas e outras moitas ideas xurdiron de O Principiño que , unha vez máis, nos deixou engaiolados.
Un dos libros e puntos de lectura alusivos |
Polo que se refire á colección de relatos da Agustín Fernández Paz comentamos os que máis gustaron e os motivos.
A tod@s lles gustou o primerio, o titulado "Un radiante Silencio". E non me extraña, é precioso.
Ademáis cada un suxeriu outros títulos: "Amor de Agosto "( relato dun mecánico namorado da filla do xefe), "Esa extraña lucidez"( que ten coma narrador a pantasma dun can),"Eloxio da filatelia" ( narración cun final que sorprende) ou "Unha foto na rúa" ( no que se aborda unha busca obsesiva).
Tod@s concordamos que os relatos , lonxe do que puidera parecer, non son nada cursis. Pola contra, tratan o tema do amor pero dende diferentes ángulos coma ben manifestou unha das rapazas que quedou absolutamente prendada deste libro.
![]() |
Algúns dos entusiastas lectores de 4º |
Xa sen tempo para máis soou o timbre deixándonos un bo sabor coas lecturas feitas.
Grazas por vir, por ler.
Sei que seguiredes gozando co que leades.
Aburiño!
0 comentarios:
Publicar un comentario