
Dous libros de
temáticas moi diferentes foron os protagonistas da charla que tivemos no club
de nais, pais e amigxs. Por unha banda, o conxunto de relatos de “Da fría e
distante Estrela Polar” de Tomás González Ahola, relatos que aparentemente
pouco teñen que ver entre si, mais que segundo van avanzando aparece un
misterioso fío condutor, un misterioso, arrepiante, sanguento fío condutor que
se vai facendo máis presente, máis denso, máis agónico, máis… e ate aí podemos
ler sen desvelar nada. Acudiu á conversa sobor o libro, cecais inevitabelmente,
a obra de H. P. Lovecraft (Tomás González Ahola é o seu tradutor ao galego) e o
mito de Cthulu....