23 jun 2016

Acabaron as clases...

Chegaron as merecidas vacacións para o alumnado!! Dende hoxe xa non hai que asistir ás clases no Lama das Quendas, non haberá deberes, exames, reunións...nin nada diso que consideramos "traballo".Pola contra, teredes moito tempo libre, tempo para compartir con familia e amig@s , tempo para vós mesm@s , tempo para ler... Dende A Quenda do Libro , seguimos coa teima de sempre: ler, ler, ler...Tres letras que expresan a fermosa acción que realizamos con tanto agrado. Sabedes que vos recomendamos varios libros,que tivestes ocasión de  escoller na biblioteca os tres títulos que vos apetecía levar prestados , agora só queda mergullarse nas...

9 jun 2016

Achegámonos ao final

Rematamos, por este curso, coas actividades do club de lectura. Atrás quedan nove meses de actividades varias: reunións,obradoiros, sesións de animación, encontro con autores, e sobre todo, lectura de libros. Resulta moi gratificante ver como a rapazada e @s adult@s se enganchan á ler e a comentar, a opinar, a propoñer, a suxerir ... O sorriso que ilumina a nosa cara cando un alumno/a nos di: "que ben o pasei lendo!" vale máis dunha fortuna.Bueno, en realidade iso é unha fortuna, un tesouro co que moit@s se atopan ao longo do curso e outr@s aínda non deron con ese libro que lles fará subirse ao carro des@s lector@s que aínda non acabamos...

8 jun 2016

Ler é unha adicción

Este grupo do profesorado está enganchado a ler. Con dicirvos que xa falamos de lecturas para o vindeiro ano! Pero comecemos polo principio.Xuntámonos para comentar La chica del tren da escritora británica  Paula Hawkins. E as opinións foron boas, gustou o libro, enganchounos a historia, pero dixemos máis cousas que vos resumo por se alguén que non saiba se ler ou non esta  novela quere ter en conta a nosa opinión.Por certo, non imos destripala polo dereito que cadaquén ten de gozar da lectura sen interferencias. Un compañeiro, nada máis chegar , preguntouse, e preguntounos, se realmente este thriller  era merecedor do éxito...

6 jun 2016

A quenda da festa!!

Remata o curso e ,con el ,as actividades deste club de lectura polo que pasaron  140 rapaces e rapazas que participaron algunha vez nas nosas reunións . Faremos balance do mesmo,  e tomaremos nota daquilo que funcionou  ben e do que precisa mellora para que o vindeiro curso sexa aínda mellor.Mais, haberá tempo para iso. De momento, queremos convidarvos á derradeira reunión que realizaremos no Salón de Actos o vindeiro martes, 7 de xuño.Trátase de compartir durante o tempo de lecer uns pinchos  e unhas risas. Non queremos que faltedes! Agardámosvos!!...

Afondando nas feridas

Presentámosvos os traballos que fixemos cos mozos e mozas de 1º de Bacharelato que se achegaron á derradeira reunión deste curso. Lembrámosvos que estaban en grupo e que recibiron instruccións para realizar a actividade. Así, as rapazas que escolleron traballar coa primeira fisura souberon que debían completar un poema mutilado. Démoslle un do poemario  co encargo de que  debía ter de temática as fendas, as dores, os desacougos que sentían en relación coa familia. Aquí vedes o poema de Berta Dávila, o que lles demos e o que elas crearon. As mozas que elixiron facer a actividade da segunda fisura recibiron un folio ...

3 jun 2016

Hai feridas que nos mudan para sempre

Ler Raíz da fenda  e quedar co corazón encollido foi todo un. Pero como nos dixo Gonzalo Moure:"escribir, cura as feridas".E como dixera Pablo Neruda noutro dos seus afamados poemas :" y el verso cae al alma como al pasto el rocío".Así que as fisuras das que Berta Dávila nos fala, aínda que tamén nos ferían a nós, non deixaban de ser unha especie de terapia.  Na reunión do alumnado de 1º de Bacharelato do pasado 31 de maio, este grupo de rapazas e rapaces  puxo a proba a súa capacidade de creación ;ou sexa que, como dixo Einstein, proporcionáronlle diversión á súa intelixencia e tras comentar as cinco partes nas que se ...

2 jun 2016

Creacións da rapazada de 4º de E.S.O.

Xa hai días que traballamos co alumnado de 4º o poemario de Carlos Negro titulado  Penúltimas tendencias. Nel hai un poema do que nos ocupamos ao comezo da reunión. Foi o titulado "Fóra de onda" que o alumnado de 4º convertiu en poemas  en castelagalenglish mesturando castelán, galego e inglés. Mesmo alguén se atreveu co francés.Pero isto xa volo contamos. Agora podedes ver o resultado do traballo. Tamén vos contamos que propuxeramos imitar "5 razóns polas que cortaría contigo" , darlle a volta ao poema e que fixeran "5 razóns polas que NON cortaría contigo". Comezaron na sesión, pero non deu tempo a rematar e algunha rapaza quixo...

1 jun 2016

Reunión do grupo do profesorado

La chica del tren foi a lectura que o profesorado fixo  neste trimestre, e o vindeiro xoves, 2 de xuño,  ás 11:15 horas, na Aula Multimedia teremos a reunión para debullar opinións sobre este thriller que acadou un éxito de vendas impresionante.Abonda dicir ao repecto que en Estados Unidos chegou a venderse un exemplar cada seis segundos; no Reino Unido , cada dezaséis. En España , nun mes lanzáronse sete edicións. Claro que non podemos identificar vender con ler, nin ser bestseller con calidade ou boa cualificación da novela. A ver o que  sae da  próxima xuntanza. Contarémosvolo! &nbs...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India