Xa hai días que traballamos co alumnado de 4º o poemario de Carlos Negro titulado Penúltimas tendencias. Nel hai un poema do que nos ocupamos ao comezo da reunión. Foi o titulado "Fóra de onda" que o alumnado de 4º convertiu en poemas en castelagalenglish mesturando castelán, galego e inglés. Mesmo alguén se atreveu co francés.Pero isto xa volo contamos. Agora podedes ver o resultado do traballo.
Tamén vos contamos que propuxeramos imitar "5 razóns polas que cortaría contigo" , darlle a volta ao poema e que fixeran "5 razóns polas que NON cortaría contigo". Comezaron na sesión, pero non deu tempo a rematar e algunha rapaza quixo levar deberes para a casa , de xeito que , Tania fíxonos chegar o resultado que vos amosamos. Podedes comprobar que aínda foi máis versionado do que pediramos porque fixo un poema titulado "5 razóns polas que NON cortaría contigo+ 3 ".
Deixámosvos os orixinais e os creados pola rapazada. Así comparades.

Grazas por participar e crear.
0 comentarios:
Publicar un comentario