23 jun 2014

Grazas

      Ola!       Xa co curso rematado , non podo deixar de agradecer a tod@s os que vos achegastes a calquera das reunións do Club ao longo deste ano académico, en calquera dos seus grupos ,tanto de alumnado como de adultos.       Así que, Normal 0 false false false GL X-NONE X-NONE ...

22 jun 2014

Outro libro de A Quenda viaxando polo mundo

       Ola rapazada, déixovos a fotografía do lugar de Porto onde as nosas amigas Vero e Pilar deixaron o Libro das Viaxes e  dos soños de Eusebio Lourenzo.                Seguirémoslle a pista como aos que quedaron noutros paises como en Iguazú (Brasil), Ushuaia (Arxentina), Dublin( Irlanda).        Tamén temos outros viaxando por España adiante.        No curso que vén contaremos o que saibamos deles.        A viaxar...

17 jun 2014

Dende París chegou O Principiño

    Ola amig@s!    Lembrades que moitos do noso Club foron a París hai una días? Pois algúns deles acordáronse de nós, dos que aquí quedamos e quixeron  traernos O principiño que tanto deu que falar no noso grupo con pais, primeiro, e con alumnos máis tarde.        Grazas a Xurxo por mandarnos esta fermosa imaxe do protagonista do  libro de Saint-Exupery co seu  amigo o Raposo. Nela, ademáis de Xurxo aparecen tamén  Ana Doval, Helena e Erika Da Silva.      Cantos recordos ,para vós, de Francia  e cantos, para nós, do relato.Humm!!  ...

12 jun 2014

Festa fin de curso do Club de Lectura

      Ola a tod@s!      Nesta semana a reunión do Club de Lectura  trasladouse do martes ao xoves. Así que hoxe,durante o recreo toda a rapazada integrante  dalgún dos seis grupos de A Quenda do Libro acudiu ao Salón de Actos para facer FEEEESTA!        Así estaba o Salón ás 11:14 h.    E así , en canto soou o timbre do período de lecer.           E pouco a pouco foron  chegando máis persoas ,desas que son afeccionadas á lectura ,desas que forman parte da pequena maioría  que le porque si, porque lle peta.  ...

10 jun 2014

FESTA DO CLUB DE LECTURA

...

8 jun 2014

VII Xornadas dos Clubs de Lectura

       Ola a tod@s!      O pasado 6 de xuño celebráronse en Compostela as VII Xornadas dos Clubs de Lectura ás que asistín en calidade de coordinadora de A Quenda do Libro e das que vos quero dar conta porque  creo que é interesante que  tod@s @s integrantes dos diferentes grupos do noso club teñades cumprida información de todo o relacionado cos Clubs de Lectura.      Trala recollida de documentación e control de sinaturas ( todo moi controladiño porque tivemos que pasar a comprobación da asistencia catro veces no día, sen saír das dependencias da EGAP  porque mesmo...

7 jun 2014

O Club de Lectura do profesorado e persoal non docente de parola

       Ola a tod@s!      O pasado xoves, na Aula Multimedia o profesorado e persoal non docente xuntámonos para conversar sobre Brújulas que buscan sonrisas perdidas de Albert Espinosa.      O libro non foi , en xeral ,  ben considerado polo asistentes  que  manifestaron varias críticas tanto da forma  como do contido: o tema é moi manido, encerra nas súas páxinas unha chea de tópicos,está escrito dun xeito excesivamente livián e os saltos no tempo ,que podían ser un excelente recurso , rematan sendo unha caricatura desta técnica narrativa.      ...

3 jun 2014

Tempo de poesía ( daquela maneira)

Ola a tod@s!        Hoxe foi a derradeira xuntanza co alumnado do segundo ciclo da E.S.O. que pertence ao clube. Bueno, a derradeira non ,porque nos queda a festa final da que xa falaremos máis adiante.        Como facemos cada ano, adicamos o último trimestre a xogar coa poesía así que, ademáis de ver o vídeo da viaxe a Coruña e comentar as visitas realizadas, aínda tivemos tempo de traballar con poemas.        Nesta galiza trilingüe versionamos o poema de Celso Emilio Ferreiro titulado "Irmáus".        Para comparar este poema en  galecastenglish podedes buscar o orixinal  nos libros de Celso Emilio Ferreiro ou en internet. Normal 0 false false false ...

2 jun 2014

Vídeo da viaxe de A Quenda do Libro

         Ola!               Hoxe traio o vídeo -resumo do que fixemos o pasado martes,27 de maio, pola Coruña e Betanzos os de A Quenda do Libro.                                                                           Grazas a Alfonso que correu coa gravación e edición do mesmo!      Pasámolo ben , eh?     ...

1 jun 2014

Reunión do alumnado de 3º de E.S.O., P.C.P.I., 4º de E.S.O. e P.D.C.

       Ola amig@s!        Lembrade que o vindeiro martes,3 de xuño,  ás 11:15, teremos a reunión  na Aula Multimedia.          Vémon...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India