Animado recreo o de hoxe na Biblioteca do noso IES!
Unha chea de rapaces e rapazas de todos os cursos da ESO participaron na lectura continuada de Don Quijote de Miguel de Cervantes ,do que hoxe se conmemora o aniversario do seu pasamento.
Uns lían e outr@s escoitaban, e así, de vagar , rematou o tempo de lecer coa pena de que algúns rapaces non puideron tomar a palabra.
Haberá máis ocasións.
Deixovos unhas fotografías dalgúns dos lectores e pido disculpas aos que,a pesar de que estiveron e leron ,non aparecen retratados.Problemas técnicos...
23 abr 2013
21 abr 2013
16 abr 2013
Reunión do alumnado de 4º de ESO

Así con amistosa competencia
Música y Poesía
en una misma lira tocaremos
T. de Iriarte, La música (1779)
Así dicía nos seus tempos o coñecido fabulista Iriarte e iso foi o que puxemos en práctica coas alumnas de 4º de ESO: buscamos a mistura da palabra de Neruda coa música e voz de varios intérpretes musicais.
...
15 abr 2013
Reunión do alumnado de 3º e 4º de ESO

Ola rapazada de 3º e 4º!
Mañá, 16 de abril, , como cada martes,
teremos reunión na Aula Multimedia,ás
11:45.
Agárdovos para deleitarnos con
Neruda!!
Vémonos.
Aburiño!!!
...
9 abr 2013
Vida perdurable para José Luis Sampedro.
O pasado domingo, 7 de abril faleceu José Luis Sampedro.
Ata
hoxe , martes, 9 de abril, cando xa fora incinerado , non saiu á luz a noticia do seu pasamento por desexo expreso deste economista-escritor indignado.
Dende o
blogue do Club de Lectura A Quenda do
Libro queremos renderlle un sinxelo homenaxe e agradecerlle que teña existido.
Os pais e
nais do noso clube temos para
comentar La Sonrisa Etrusca, unha das súas...
Un bingo de poemas.
Hoxe co alumnado de 1º B, na Aula Multimedia, montamos un Bingo!
Cada rapaz encheu o cartón co título dos seus poemas preferidos de Mi primer libro de poemas , e ... a xogar.
Cantaron liña Martiño, mariana,Jennifer, Marina,David, Lucas, Elena... E, ao final, cantou bingo o compañeiro David!
Mirade que atarefados e que alegres estaban!
Creo que o pasamos tan ben que cando soou o timbre non tiñamos...
8 abr 2013
Reunión de rapazas e rapaces de 1º B

Ola amigos de 1º B! Por fin poderemos xuntarnos!
Vémonos!
Aburi...
4 abr 2013
Parafrasea parafraseando , os de 1º A os poemas ímos traballando

O pasado martes houbo reunión do Club de Lectura pero por problemas de "axenda" tivemos que facer un cambio: os de 1º B polos de 1º A. Os de 1º B ,que estaban convocados , non podían asistir e o alumnado de 1º A amosou a súa disponibilidade e asistiu masivamente á actividade que resultou doada para algúns e un chisco máis complicada para outros.
Comezamos presentando os libros elixidos para traballar: Mi primer libro de poemas e Para cantar e contar.Continuamos elixindo algúns poemas de Juan...
1 abr 2013
Reunión de 1º B
Ola amiguiños!
Xa de volta destes días de descanso, metidos nesta chuviosa primavera pero cheos de folgos para o último tramo do curso lémbrovos que mañá martes,2 de abril temos a reunión de 1º B de ESO para falar das lecturas do trimestre.
Así que , na Aula Multimedia, ás 11:15 horas temos unha cita.
Vémonos.
Aburi...