4 abr 2013

Parafrasea parafraseando , os de 1º A os poemas ímos traballando

          O pasado martes  houbo reunión do Club de Lectura pero  por problemas de "axenda" tivemos que  facer  un cambio: os de 1º B polos de 1º A. Os de 1º B ,que estaban convocados , non podían asistir e o alumnado de 1º A  amosou a súa disponibilidade  e asistiu masivamente á actividade que resultou  doada para algúns e un chisco máis complicada para outros.
          
          Comezamos presentando os libros elixidos para traballar: Mi primer libro de poemas e Para cantar e contar.Continuamos elixindo algúns poemas de Juan Ramón Jiménez, de Rafael Alberti e  de  Federico García Lorca. Finalmente  cada rapaz e cada rapaza dedicouse a parafrasear  a poesía que  tiña diante. Ás veces pedían axuda aos do seu carón. Outras cadaquén se concentraba, atopaba o que buscaba e sorría tras escribilo.

          Unha sesión que  a min me deixou bo sabor de boca.Un regusto a palabras bonitas, a orixinalidade , a  creatividade , a compañía , a... A ti a que che soubo?

          Deixo fotografías , que desta volta fixen moreas  por si acaso...

           Probade as poesías  dos libriños e  xa  nos contaredes.





          Aburiño!!!

          

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India