Animado recreo o de hoxe na Biblioteca do noso IES!
Unha chea de rapaces e rapazas de todos os cursos da ESO participaron na lectura continuada de Don Quijote de Miguel de Cervantes ,do que hoxe se conmemora o aniversario do seu pasamento.
Uns lían e outr@s escoitaban, e así, de vagar , rematou o tempo de lecer coa pena de que algúns rapaces non puideron tomar a palabra.
Haberá máis ocasións.
Deixovos unhas fotografías dalgúns dos lectores e pido disculpas aos que,a pesar de que estiveron e leron ,non aparecen retratados.Problemas técnicos non permitiron que saísedes tod@s.
0 comentarios:
Publicar un comentario