22 mar 2013

Lecturas para o 3º trimestre

           Aquí tedes as  lecturas  de A Quenda do Libro para o vindeiro trimestre.                         As dos adultos son dúas novelas: La Sonrisa Etrusca de José Luis Sampedro ,será a novela para pais e nais. Nestes tempos  nos que  os maiores son protagonistas de moitos libros de éxito, nós eliximos unha novela  clásica na que un vello campesiño calabrés chega á casa dos seus fillos en Milán para someterse a unha revisión médica. Alí descobre o seu último afecto, unha criatura na que envorcar toda a súa tenrura:...

21 mar 2013

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA 2013

          Agora si!!           Velaí como quedou o  mural para conmemorar o Día Internacional da Paz.           Elaborouse con estrofas ou cativos poemiñas  de autores en  calquera dos idiomas  que se falan no Lama das Quendas.           Non  esquezades nunca que "os poetas acompañan os movementos cívicos e atinan tanto a sacudir as conciencias polas inxustizas do mundo como a conmovelas pola súa beleza" como ben dixo a Directora Xeral da UNESCO, Sra Irina  Bokova na conmemoración desta data en marzo do ano...

17 mar 2013

Escoitando A voz do Lago

          O pasado martes, 12 de marzo  na Aula multimedia  houbo xuntanza da rapazada de 2º de ESO  para  comentar A voz do Lago que,en xeral, gustou aínda que a algunhas   custoulle situar e conectar na liña do tempo as historias que se narran. Gustounos o esceario (un pazo galego) e aledámonos de que houbera sereas  polo relato adiante.           Velaí tendes algunhas rapazas  do grupo:          Todo 2º de ESO quedou citado para o vindeiro martes,19 de marzo  pero nesta ocasión xuntarémonos  na entrada do...

11 mar 2013

Reunión de 2º A e 2º B de ESO

Lembrade!! Lady Bug Note Generat...

6 mar 2013

Todo 1º de ESO comentou as súas lecturas.

          Ateigada estaba  onte ,martes 5 de marzo, a Aula Multimedia con toda a rapazada de 1º de ESO que acudiu para comentar  Memorias dun raposo de Antonio Reigosa e O pazo Baleiro de Xabier P. Docampo.         Fixeron un resumo e comentario das dúas obras. Sinalaron o que máis lles gustou e o que menos lles agradou.         Aínda que eran moit@s non pensedes que había moito rebumbio.Máis ben ao contrario , so son cinco ou seis os que falan. Están pouco afeitos a debater e expoñer opinións pero, como algún di, de escoitar tamén se aprende. E moito!!  ...

4 mar 2013

Reunión de 1º A e 1º B

          Ola amiguiños!           Lembrade:             Ata mañá!! ...

Os pais e nais comentan Ollos de auga

                     A tarde do  pasado xoves, 28 de febreiro,a Biblioteca do Lama das Quendas   recibiu ao grupo de pais e nais ( algúns dos cales podedes ver na foto)  que acodían para comentar  a primeira novela de Domingo Villar Ollos de Auga.             Era un autor que non coñecían  e  atopamos unha pequena dificultade ao comezo porque algúns dos asistentes non len en galego , ben porque non son nativos da terra , ben porque  non foron escolarizados en galego. Así que  andamos á procura do texto en castelán...

3 mar 2013

O profesorado comenta El retrato de Dorian Gray

      O pasado martes,na hora do recreo, xuntámonos un grupo de profesor@s para comentar a coñecida obra de Oscar Wilde: El retrato de Dorian Gray.           Mirade algunha das asistentes.           Os que somos maiores en idade  xa a leramos nos nosos tempos mozos  pero foi un gozo redescubrila. E digo redescubrila con toda a intención porque daquela  non atoparamos na novela nin a metade do que agora nos amosou.            A tod@s nos deixou impresionad@s  Lord Henry e a súa capacidade de manipulación. Para...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India