Hoxe martes tivemos a reunión do alumnado de 3º e 4º de ESO. A verdade é que non estivo moi concurrida pero quen faltou digamos que o fixo por razóns poderosas: actividade de EF na piscina, exames, enfermidade...
As rapazas asistentes, algunhas verédelas na foto, realizaron actividades encamiñadas á conmemoración do día escolar da paz .
A este grupo tocoulle realizar...
29 ene 2013
26 ene 2013
23 ene 2013
Os de 2º buscan a "paz"
Onte, martes, nevou en Chantada.E houbo un par de alumnas que non puideron acudir á reunión ( nin ás clases) por mor da nevarada que había nas súas aldeas ao pé do Faro.Pero tivemos reunión do club de lectura igualmente. E xa sei que agardabades esta entrada no blogue xa onte pola tarde, pero non puido ser. E non foi a neve senón outros asuntos os que non me permitiron dar conta da actividade. Mais... alá vai.
Traballamos buscando paz. Non buscabamos á Paz ( profe) senón que andamos á procura de frases que se teñan dito sobre...
20 ene 2013
Reunión do alumnado de 2º de ESO

Rapazada de 2º A e 2º B de ESO: non podedes esquecervos!
Temos preparada unha actividade interesante. A ver se vos gusta !
Ata o mart...
15 ene 2013
Reunión de alumn@s de 1º B de ESO

Para non ser menos,
Reclaman os de B,
Imos facer acrósticos.
Merecémolo ben.
E na reunióndo clube,
Igual que os de A,
Recollen as ideas.
Os poemas xa van.
Bafarada de boas intencións!!!
O que esta rapazada fixo tamén o poderedes ver no taboleiro de A Quenda do Libro en breve. De momento mirádeos traballando con alegría e concentración ....
13 ene 2013
12 ene 2013
La Cazadora de Indiana Jones
Velaí vai o resumo que Ana Doval , unha das rapazas do club de lectura ,escribiu sobre La Cazadora de Indiana Jones de Asun Balzola.
Christie es una niña que vive en Bilbao aunque es medio inglesa.
En su familia , ella es la pequeña y se ve obligada a heredar cosas.
Un día, tiene que llevar al colegio una chaqueta que era de su hermano y allí se ríen de ella.Pero, Christie ,muy hábilmente, se inventa que aquella cazadora perteneció a Indiana Jones y tiene que alquilarla por horas.
Pero... se descubre todo y el día que tiene que pedir disculpas a su clase, esa historia le sirve para que George, un chico nuevo, se fije en ella.
En las vacaciones de Navidad...
8 ene 2013
Reunión do alumnado de 1º A

Para o día da Paz
Repartidos en parellas
Improvisamos poemas.
Matinamos sobre o tema.
Empezamos a escribir.
Innegablemente
Reconfortados,
Organizamos
Acrósticos!!!
Xa sabedes en que consistiu o traballo do alumnado de 1º A neste primeiro día de clases de xaneiro. Mais adiante habedes velo no taboleiro do clube.
Aburiño!!...