29 oct 2025

A nosa lectura de fantasía deste trimestre!

 Este primeiro trimestre estamos lendo Snapdragon, unha novela gráfica chea de maxia. Vide comentala á biblio o último venres de cada mes! Vémonos!




21 oct 2025

Quentando motores...

As lectoras do grupo Totum revolutum escolleron como primeira lectura o cómic Heartstopper. 


Heartstopper foi un éxito desde a súa publicación en Tumblr. Traduciuse a máis de trinta linguas e ata Netflix fixo a súa adaptación a serie. E, o máis importante, cada ano milleiros de adolescentes escollen ler estes cómics. 

Con esta lectura, falaremos das historias románticas na literatura e no cine, da vida cotiá nos institutos, na importancia das amizades e de aceptar e querer aos outros polo que son.




1 oct 2025

Volvemos!

Atención, atención! 

Comezamos o curso 2025/2026 cunha reunión especial na biblioteca! Informaremos sobre o funcionamento do club e, ao final, poderedes apuntarvos.

Benvid@s á vosa tribo literaria!!  

 


 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India