E... para ser poeta, que se precisa? Fran Alonso deunos unhas intrucións no seu poemario, e nós volvemos a lelas por iso de telas en conta á hora de crear. Asegúrovos que est@s nen@s levaban libros nas mochilas, escribiron varios poemas que fixeron polo día, non mexaban mentres poetizaban e non recitaron na bicicleta. Xa entendedes que puxeron todo da súa parte para que o resultado final vos guste.
Feito o quentamento, pasamos a actividade propiamente dita.Fixéronse oito grupos cos 39 alumnos/as asistentes. Cada grupo tiña unha tarefa que esquematizamos para que coñezades e entendades os traballos que veredes ao final desta entrada.
Os grupos A e B imitaron o poema "Eu son un gato" pero partindo dun título modificado"Eu son un neno"/"Eu son unha nena".
Os C e D, buscaron as cousas que cura a poesía e puxéronas en forma de poema.
Os E e F, usaron esas palabras con "ele" que tanto lle gustan ao gato de Fran Alonso: luz, lume, laio, líquido, lanterna, lontra e lesma.
Os G e H, dixéronnos para que valen os poemas.
Rematamos co convite para a xuntanza para a festa de todo o club que celebraremos o vindeiro martes. Na de hoxe houbo moit@s rapaces e rapazas, moita disposición para participar, moita colaboración entre el@s, e sobre todo, moito amor polas lecturas. Que lles dure!!
0 comentarios:
Publicar un comentario