É difícil esquecer? É doado? A rapazada de 3º B de E.S.O e 3º P.M.A.R. cre que as cousas banales poden ser esquecidas con facilidade.Pola contra , ás veces queres eliminar algo da túa memoria e esta insiste en que permaneza.
Eliminar algo da memoria é bo ou malo? Tamén depende. Segundo o alumnado, se un se esquece de algo pouco importante non hai problema, o peor é cando o esquecido carrexa consecuencias negativas. Como exemplo , e neste punto o alumnado amosou un grande dominio da ironía, falaron do problemático que resulta esquecerse de facer os deberes fronte ao nimio que consideran...
29 oct 2015
25 oct 2015
Reunión do alumnado de 3º de E.S.O

Algunha vez esqueceches algo importante?
És das persoas que non lembran o que tiñan que facer?
Desarcordaste do que queres con facilidade ou por máis que o intentes non logras quitalo da cabeza?
Que será mellor esquecer facilmente ou ter unha grande memoria para lembrar sempre todo?
O vindeiro martes , 27 de outubro, podemos achegar argumentos a favor e en contra de lembrar ou esquecer. Trae as túas razóns á reunión do Club de Lectura do alumnado de 3º de ESO.
Por favor, non vos esquezades!!!
...
23 oct 2015
Feliz Día das Bibliotecas

O 25 de outubro é o Día das Bibliotecas e dende o Club A Quenda do Libro ,que está integrado na Biblioteca do IES Lama das Quendas, ímolo festexar durante unha semana.
Do 26 ao 29 de outubro, nos corredores do instituto poderedes cambiar e /ou mercar libros que outras persoas estiveron traendo estes días.
Durante o recreo poderedes achegarvos e localizar eses exemplares que vas ter que ler ou que queres ler e levalos para a casa.
O noso alumnado e profesorado coñece a convocatoria pero se ti aínda non a coñeces podes consultala na páxina da nosa Biblioteca.
Aínda estás a tempo de traer eses libros que queres poñer a...
22 oct 2015
Pensar, sentir ,crear , gozar...
"Una mañana de octubre, Peter Pan se adentró en el bosque de los cuentos,donde se encontraban algunos personajes de las narraciones populares y de los dibujos animados de la televisión.
Allí se tropezó con su viejo amigo el Gato con Botas con quien conversó un rato. Tenía la intención de irse a recoger castañas pero no lo hizo porque apareció el Pato Lucas y se quedaron de conversación todo el día."
Este é un dos breves relatos que un dos rapaces de 2º B de E.S.O. creou a partir dunha imaxe que Miguelanxo Prado debuxou para Pedro e o Lobo. Houbo moitas narracións que nos levaron por diferentes camiños....
21 oct 2015
Conto ruso?

Proxectamos unha imaxe de Pedro e o Lobo ,tomada ao azar, da edición ilustrada por Miguelanxo Prado.No deseño aparecen Pedro,o pato e o paxaro que senten un rumor que se lles vai acercando no bosque.As nosas alumnas debían adiviñar o que estaba acontecendo sen coñecer de onde procedía a ilustración.
Algunhas das posibilidades que suxeriron son: "aproxímase un leñador","quen se acerca é unha árbore que pode andar coas súas raíces", "están...
18 oct 2015
Reunión do alumnado de 2º de E.S.O

"Pedro quedou lixeiramente preocupado cando soubo da reunión do alumnado de 2º de E.S.O.Ben se lle nota na cara!
Coñeceu que as mediadoras citaban @s rapaces e rapazas para o martes, 20 de outubro, ás 11:15 h nas Aulas Multimedia e de 1º ESO e non podía tranquilizarse porque sabía que eran moit@s e tod@s ían falar del.
Mais despois do primeiro desacougo pensou que ,probablemente, todas as persoas serían agradables , curiosas, simpáticas...e deixou de porse inquieto.
Ao fin, a ansia polo encontro comezou a apoderarse do neno que xa arelaba a chegada da data da xuntanza do Club de Lectura. Imaxinaba que sería ben agradable."
E...
14 oct 2015
De casas e mansións

Primeira reunión de traballo coa rapazada de 1º de E.S.O.
Entre @s que estaban enfermos (semella que o descanso desta fin de semana tan longa non foi bo) , e @s que tiñan un partido no que tiñan que comparecer para non deixar , desta volta, colgado ao equipo quedamos no club menos dos que pensabamos por iso decidimos , sobre a marcha, facer a reunión conxunta na Aula Multimedia que se presta moito máis para as actividades programadas.
E que fixemos? Como est@s rapaces e rapazas son novos no centro e novos no club tivemos que informarlles máis polo miúdo da dinámica das sesións deste grupo de lectores. Comezaron por...
10 oct 2015
Os de 1º poñen en marcha as reunións

Co alumnado de 1º A e B de E.S.O. iniciamos as reunións de traballo do club de lectura.
As mediadoras estamos dispostas a facer un pouco de mariñeiras, de piratas ,de poetas... e temos toneladas de paciencia para compartir convosco cada recreo de martes ata fin de curso.
Rapaces e rapazas de 1º de ESO, o vindeiro día 13, ás 11:15 h , na Aula Multimedia e na de 1º A ,atoparémonos para comezar a navegar polas lecturas e as actividades deste curso.
E, xa que parafraseei un poema de Gabriel Celaya para encher esta entrada, entendendo que ler e compartir lecturas son actividades ben educativas, déixovos o poema completo...
8 oct 2015
Sementando futuro
Ler é un dereito que temos como cidadáns. Ler axúdanos a formarnos como persoas polo que nos posibilita medrar máis libres.
Ler e escribir fan de nós unhas persoas informadas, reflexivas e críticas, uns seres capaces de colaborar na construción dunha sociedade mellor.
A rapazada de 1º de Bacharelato teno moi , moi claro. El@s son así.
As dezasete persoas que participan este ano no Club de Lectura xa iniciaron as reunións.
Escolleron datas para xuntarnos ao longo do curso, fixeron propostas de lecturas e comentamos máis cousas, entre outras, xeitos de optimizar o uso dos libros.
El@s que viven intensamente todo o que len, serían...
2 oct 2015
Reunión do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato

Para @s que ,cando len, se meten tanto na lectura que gozan e sufren cos personaxes da historia.
Para @s que fan propios os sentimentos e emocións do poema lido.
Para @s que o pasaron tan ben o pasado ano con A Quenda do Libro.
Para @s que nunca participaron nas nosas actividades pero están decididos a probar neste curso.
Para @s que veñen cando se lles chama.
Para @s que preguntan con insistencia porque queren vir canto antes.
Para tod@s @s alumn@s de 1º e 2º de Bacharelato, é esta convocatoria para a
primeira reunión do Club de Lectura neste novo ano lecto...
1 oct 2015
Gústalles ler!!
Eran as 11:15 da mañá do pasado martes, 29 de setembro cando agardabamos pola rapazada de 1º e 2º de E.S.O. para planear e organizar as actividades deste novo curso lector.
Co alumnado de 2º contabamos porque xa se achegaran moitos a nós, as mediadoras, para interesarse polas datas de reunión. E cumpríronse as expectativas xa que viñeron @s mesm@s do ano pasado.
Cos noveles de 1º non tiñamos ningún indicio que nos sinalara cales eran os seus intereses no ámbito da lectura e os seus desexos de participación ,e a realidade resultou moi agradable porque ,dos corenta alumn@s matriculados,trinta e tres anotáronse para pertencer...