27 feb 2015

Á terceira vai a vencida

Na xuntanza do pasado mércores,  cos pais e nais que se achegaron á Biblioteca do centro, falamos de La Ladrona de Libros . Foi a primeira vez ,no tempo de andaina deste club, que  o libro provocou sensacións ben diferentes n@s lector@s (feito fantástico porque na diferencia, no contraste está a riqueza). Principiaremos por resumir con brevidade o comentado na reunión. Do que primeiro falamos foi da narradora da historia.Algunhas persoas comezamos a novela e ,segundo avanzabamos nas páxinas, ibámonos sentindo un pouco desacougados ao decatarnos de que quen nos falaba era a morte.E, tal como continuou o relato ata o final, quedamos...

23 feb 2015

Reunión dos pais,nais e amigos da Quenda do Libro

O vindeiro mércores,25 de febreiro xuntarémonos na Biblioteca do I.E.S. ás 17:15 horas para falar sobre La Ladrona de Libros de Markus Zusak. Lembramos que calquera que teña lido esta novela pode vir para facernos partícipes das súas opinións, recibirémosvos con grande cordialidade e gozaremos xuntos desta fermosa novela da que, ademáis , temos versión cinematográfica. E se alguén está interesado en lela, non ten máis que acudir á nosa Biblioteca, onde dispoñemos de varios exemplares. Ata mércore...

Cambio da data de reunión da rapazada de 3º de E.S.O.

Por mor doutras actividades que se pensan realizar este martes para honrar a figura de Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento,vémonos na obriga de modificar o calendario de reunións do noso Club de Lectura.Así, 3º de E.S.O non terá reunión este martes,24 de febreiro,  senón o vindeiro martes 3 de marzo. Grazas por avisar....

22 feb 2015

Reunión do alumnado de 3º de E.S.O.

No día de Rosalía, 24 de febreiro, a rapazada de 3º de E.S.O. celebrará a súa reunión do club. Será , coma sempre, ás 11:15, na Aula Multimedia e na Aula de 1º A de E.S.O. porque traballaremos en dous grupos. Uns rirán cun extraterrestre que chegou á terra e non entende moi ben aos humanos , e outros viaxarán con Arturo ata Noruega para practicar o inglés. Non sabemos cal dos dous protagonistas o pasaría mellor, pero si sabemos que  nós gozamos coas historias de ambos. Vémonos!...

13 feb 2015

Que vai ler a rapazada de 4º?

    Cando a rapazada   de 4º rematou coa lectura da novela de Green ,as mediadoras levamos un par de  propostas que non valeron porque xa foran lidas, así que animámolos a que el@s  debateran e elixiran títul. E fixérono. Queren ler ¡Buenos días Princesa! Encantounos que el@s buscaran o libro que lles gustaría ler e , aínda que nós non o lemos, sabemos que está protagonizado por adolescentes nos que @s nos@s alumn@s se ven reflectidos. Gozaremos coas súas páxinas neste entroido e nos días vindeiros. Na Biblioteca  non tiñamos ningún exemplar  pero mercáronse, así que podedes pasar para levalos...

Amor,amor...

Dende a derradeira entrada relacionada coa rapazada de 4º de E.S.O tivemos outras tres reunións, pero sempre para falar de Bajo la misma estrella de John Green.Estas mozas están absolutamente fascinadas pola novela. Ao falar  dos personaxes principais prefiren a Gus.Gus é encantador, fantástico, maravilloso, irónico,pronuncia frases verdadeiramente incribles, emprega metáforas que enriquecen a novela. Tamén lles gusta Hazel e a súa maneira de levar o cancro, aínda que se non fose por Gus...  Ah, si, tamén salientan a afición común pola lectura ,por calquera lectura,porque ademáis de ser un nexo que  une aos dous xóvenes e...

12 feb 2015

Da Paz ao Amor!

Se a semana pasada rematabamos as actividades para conmemorar o Día Escolar da Paz,nesta comezamos co Amor. O vindeiro 14 de febreiro é San Valentín e  dende a Biblioteca do centro e dende o Club de Lectura temos unhas actividades programadas nas que agardamos nos premiedes coa vosa participación. Facede cartas de amor ou tuits de amor e presentádevos ao concurso convocado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización lingüística ou/e escribide ou copiade poemas de amor e  contribuíde a encher as paredes do instituto deso, de AMOR. No caso do alumnado de 4º de E.S.O . seguiremos falando do amor que move a aos personaxes de Bajo ...

6 feb 2015

O que precisamos é amor!

Polo menos é o que se desprende da enquisa que fixemos no I.E.S Lama das Quendas como outra actividade para conmemorar o Día da Non Violencia Escolar e a Paz. A comunidade educativa tivo toda unha semana para escoller o valor que consideraba máis necesario para que a Paz fose real e efectiva no centro, nas nosas casas, no mundo... E hoxe,  un grupo de alumnas do Club de lectura recolleu os valores  que ninguén colleu para poder facer o cómputo. Foron elixidos 231 valores.Poucos, se é que o fixo algún, pais, nais e profesor@s participaron porque o viron como algo máis axeitado á rapazada. De aí que valoremos moi positivamente a...

4 feb 2015

O boi é de onde pace

O aforo da Aula Multimedia estaba cheo coas cerca de corenta persoas que  acodimos para falar da novela de Pedro Riera  La tumba de Aurora K. O pouco tempo do que dispoñíamos deu para moito comentar, debater e  pensar. Para comezar polos principios detivémonos na portada.Á maioría pareceulles "sosa" e non lles daba moitos ánimos para comezar a lectura.E  o título, antes de ler a novela, uns entendérono en sentido literal  mentres outros pensabamos que tiña un sentido figurado, algo ocorría no libro que era como o fin, a morte de Aurora K que criamos era a  protagonista retratada na fotografía. A historia,que ...

2 feb 2015

Faladoiro de La tumba de Aurora K

Onde cres que está Turenia? Existe realmente?Que lle pasou aos antepasados de Anna? Que lle pasa a Anna na súa vida cotiá? Que mensaxes extraemos do libro? Estas e moitas outras cuestións  poden ser resoltas na reunión do alumnado de 2º de E.S.O que terá lugar o vindeiro martes, 3 de febreiro na Aula Multimedia. Ven compartir connosco as túas opinións...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India