14 ene 2015

"Se tivera máis tempo, gustaríame máis"

Nestes termos  se expresaba un dos asistentes á reunión do Club de Lectura no que hoxe falamos de Crónica de una muerte anunciada de Gabriel García Márquez. E engadía que no verán, con tempo , sen présas,  volvería ler este libro para gozar coa narrativa do escritor colombiano.
A mesma intención tiña o resto dos asistentes.
E comezamos a reunión polo final como a novela empeza co feito que provoca todo o relato que nos fai percorrer as casas que constitúen a vila de La Guajira, escenario do asasinato de Santiago Nasar.
A rapazada e as mediadoras tratamos de atopar xustificación para todas as palabras do título ; mencionamos os diferentes temas que se tocan na novela ( chamándolles moito a atención ao alumnado o concepto da honra e honor daquelas xentes); comentamos os diferentes puntos de vista que serven para caracterizar personaxes; eloxiamos o emprego do humor que quita dramatismo á narración;e, chegamos, constantemente , ao comentario  de ter a sensación  de que o tempo cíclico da novela,a trama circular nos mete nun labirinto e sempre nos leva ao mesmo punto de partida.
E os vacíos temporais , que abundan na obra ,deixan vía libre á imaxinación de cada un  para encher de contido os anos de cárcere dos Vicario, os moitos anos que Ángela Vicario adica a escribir cartas a Bayardo...
Grazas Gabo por esta crónica periodística que aotempo é novela policiaca e historia de amor!

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India