17 ene 2015

Reunión do alumnado de 3º de E.S.O.


Xa que non poderemos facer carreiras de nubes porque o ceo está encapotado, o alumnado de 3º A de E.S.O. poderá falar dos marmolubios, dos entomodelfos,da señora sentada na escaleira, da estación do tren... en fin, das sensacións que che quedan despois de ler Das Cousas de Ramón Lamote  de Paco Martín.
Será na Aula de 1º A o vindeiro martes, 20 de xaneiro,ás 11:15 horas.


E   se @s de 3º B e P.D.C.  buscaron "a felicidade   que se agocha dentro dos libros"  ,en palabras de Xabier P. Docampo, e a  atoparon  lendo Cando petan na porta pola noite  ,poden facernos copartícipes dela acudindo á reunión do martes, 20 de xaneiro, ás 11:15 horas, na Aula Multimedia.


En ambos casos, as mediadoras agardámosvos para compatir  lecturas e un anaco de lecer.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India