
Os nosos irmáns chilenos reclaman a baixada dos impostos sobre os libros e nas súas manifestacións portan pancartas coma a da fotografía na mencionan o gravamen que impoñen noutros países.
O que nos congratula aos españois é a actitude de Perú , Brasil e Arxentina que aplican o 0% de recargo sobre estes bens de primeira necesidade para a cultura.
Ás veces un pobo non le porque os seus gobernantes penalizan esta actividade.
Por que o fan?
Hai moito, moito tempo lin nun libro unha frase que quedou gravada na miña cabeza e durante moito tempo, nun cartel, ocupou un anaco da parede do meu cuarto:" A cultura...