Ola amig@s!
Teño que contarvos o que fixemos o pasado martes,27 de maio.Alá vou.
Tiñamos previsto que 80 alumn@s do Club de Lectura, aqueles que non fallaron nin un día de reunión , realizasen unha viaxe acompañados por profesores, tamén integrantes do Club de Lectura do profesorado e persoal non docente,á cidade de Coruña.
So 70 rapaces aceptaron a invitación. As rapazas de 3ºde E.S.O. iniciaban esa mesma xornada unha viaxe de dous días de duración por Portugal e...claro , escolleron.Outras rapazas de 4º de E.S.O. non puideron cambiar un exame que tiñan marcado.E , por fin, algunhas persoas son das que non van a ningunha actividade extraescolar. En fin, que contabamos con 70 e na hora de subir ao autobús houbo tres rapazas( de 1º, 2º e 4º de E.S.O.) que ,por enfermidade, se perderon a convivencia entre o grupo lector do noso I.E.S.
Saimos cara Coruña en dous autobuses .Ás 11:00 h chegamos á Torre de Hércules, monumento que tivemos ocasión de admirar e comparar cos libros que nos guían na senda do entretemento.
A Quenda do Libro coa Torre de Hércules ao fondo |
Tivemos ocasión de pasear polos arredores, polo Parque Escultórico e gozar coa paisaxe e valorar a flora autóctona que medra nos carreiros que transcorren polo cerro no que se atopa o monumento romano e coas creacións artísticas que o acompañan.
A rapazada do Lama das Quendas polo Parque Escultórico |
E , a tod@s nos gustou sentarnos e escoitar e ver o mar. O mar. A mar.
Contemplando o Atlántico |
Xa era hora da nosa cita no Museo Nacional da Ciencia e da Tecnoloxía (MUNCYT). Se este ano o lema das Bibliotecasé Ler Ciencia na Biblioteca , nós, os de A Quenda do Libro saímos da Biblioteca do noso I.E.S. para "ver ciencia". Alí estivemos co Desafío MUNCYT durante hora e media que pareceu poucos minutos porque a rapazada pasouno en grande.Un par de monitoras do museo conduciu ao alumnado, en dous grupos, polas diferentes salas: Sala Miscelánea , Sala Mayúscula, Sala siglo XX,Sala dos Libros inmortales, instrumentos esenciales...
O percorrido polas diferentes salas fíxose con actividades de xeito que aprenderon moitas cousas. Viron inventos revolucionarios e tiveron ocasión de ver un avión ,o morro do Boeing 747 chamado Lope de Vega , por dentro con todo detalle.
Ás 15:40 h estabamos tod@s esfamead@s e dirixímonos á zona de xantar, dentro do propio museo. Compartimos viandas e iniciamos a viaxe cara Betanzos.
En Betanzos convertémonos tod@s en nenos gozando no Parque do Pasatempo. O noso entretemento adoita ser un libro, pero neste museo lúdico ao aire libre distraémonos coas novidades tecnolóxicas do 1893 ( ano da creación do parque), os murais policromados máis diversos e un fato de grutas e pasadizos nos que a rapazada gozou de veras, manifestando ,na viaxe de regreso ,que pensaban voltar coa súa familia porque lles parecía incrible non o teren coñecido antes.
Concordo con eles. Se ben é certo que está bastante deteriorado paga a pena visitalo.
![]() |
Algunhas imaxes do parque betanceiro |
Antes, no auditorio do mesmo parque tomamos a fotografía de grupo.
Os 67 rapaces e rapazas con dous dos profesores acompañantes |
Pasado o día acabou a romaría , di o refrán , pero ninguén nos poderá quitar as lembranzas do vivido. O mellor do mércores, 28 de maio, foi escoitar a moitos dicir:" ai, profe! Onte que ben o pasamos".
Pagou , logo, a pena.
Pagou , logo, a pena.
0 comentarios:
Publicar un comentario