25 feb 2014

Unha historia real debuxada para as alumnas de 3º de E.S.O.

      Ola!       Hoxe  xuntámonos no recreo coas rapazas de 3º de E.S.O. que se quixeron achegar á Aula Multimedia durante o seu tempo de lecer.     As doce mozas , en grupos de tres persoas realizaron unha actividade relacionada co cómic. Ningunha é, nin foi lectora de  banda deseñada e  a actividade que lles propuxen ía encamiñada a que entendesen a estreita relación entre debuxo e texto neste tipo de literatura.     Aínda nos quedou un  chisco de tempo para falar , moi por enriba, do libro-libre e para ofrecerlles a  miña axuda e o material distintivo...

Reunión de adultos de A quenda do Libro

       Ola!      Aquí tedes información todos os pais,nais e calquera outra persoa  interesada en asistir ao faladoiro sobre  a lectura de Khaled Hosseini                                                                      Aburiñ...

24 feb 2014

Reunión do alumnado de 3º de E.S.O. e P.C.P.I.

      Ola!       Só quería lembrarvos isto:          Vémonos rapaces!...

18 feb 2014

A historia dun inmigrante ilegal

          Ola amig@s!        Novo martes, e nova reunión cun nutrido  grupo de alum@s de 1º B de E.S.O. na  Aula Multimedia ( que nesta ocasión si estivo operativa).        Comezamos presentando o libro que imos ler neste trimestre Abdel de Enrique Páez e puidemos ver un "tráiler " que  nos anticipa o argumento da novela.       Lemos o comezo do Capítulo Un e tratamos de anticiparnos ao que vai acontecer no relato. Abríronse vías diversas porque hai rapaces moi creativos e con moita imaxinación.    ...

16 feb 2014

Reunión do alumnado de 1º B de E.S.O.

...

11 feb 2014

Cos de 1º A "andamos" polo Sahara

       Ola a tod@s!        Hoxe ,tivemos a reunión coa rapazada de 1º A de E.S.O. e tras múltiples problemas técnicos e despois de cambiar mesmo de ubicación ,rematamos na  Aula Multimedia pero usando a metodoloxía de toda a vida: mapas, libros e oralidade. Parece que ,dadas as dificultades dos saharauís, os fados quixeron que probásemos a traballar doutro xeito,un pouco máis  parecido a como traballan eles.E aínda así con moitos máis medios e en mellores condicións.         Como imos ler  Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure probamos a...

8 feb 2014

Reunión do alumnado de 1º A de E.S.O

  ...

7 feb 2014

O que nos gustou de De Profundis

       Ola!      Como prometera , xa podedes ver as láminas escollidas polo alumnado de 4º de E.S.O. despois de ler o álbum gráfico De Profundis de Miguelanxo Prado.        Están no taboleiro do club de lectura coas razóns argumentadas de cada elección.       Pero , para aqueles asiduos ao blog, velaí vai unha fotografía delas.                Anímovos a que busquedes o libro na biblioteca e fagades a vosa proposta despois de gozar co texto e as imaxes da obra de Prado.       ...

5 feb 2014

Clase magistral de ilustración

    Ola!    Onte, martes, 5 de febreiro , na Aula Multimedia do noso instituto tivo lugar unha clase maxistral ( outros din master class porque queda moi moderno) de  debuxo.     Foi a nosa  amiga  e compañeira Candela López Lemos que é unha fantástica ilustradora, autora das contraportadas da revista  A Nosa Quenda ( revista do equipo de dinamización lingüística do noso centro)  nos dous últimos anos,por exemplo.       Esta moza autodidacta explicoulles @s de 2º A de E.S.O  como se pode  facer calquera debuxo de maneira dixital.Iso si , ela decántase...

3 feb 2014

Cometas en el cielo

       Ola a tod@s!       Quero lembravos aos pais /nais e calquera persoa interesada en ler Cometas en el cielo de Khaled Hosseini  que temos varios exemplares grazas ao préstamo da Biblioteca do IES Río Cabe de Monforte de Lemos  polo que podedes pasar polo centro a recollelos ou pedilos a través dos voso fill@s.      Á vosa disposición.      Aburiñ...

2 feb 2014

Aviso para o alumnado de 2º A de E.S.O.

Myspace Message Generato...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India