Hoxe diríxome a tod@s os que formades parte do club de lectura A Quenda do Libro porque acabo de ler un artigo do mexicano Juan Domingo Argüelles que resulta moi interesante pola opinión que manifesta sobre os clubes de lectura.
Este poeta e ensaísta pregúntase por que fracasan as campañas de lectura no seu país e confronta o gasto excusado en publicidade, por exemplo, co barato que resulta animar a ler dende un grupo coma o noso.E ademais os resultados tamén son ben diferentes.
Podedes ler todo o texto no enlace que vos deixo ¿Por qué fracasan las campañas de lectura?
Nós , os do club, que nos xuntamos porque queremos compartir "a feliz experiencia de ler" facemos moito por ser eses lectores entusiastas que "teñen o poder de xerar máis lectores".
Feita a sementeira so queda agardar á recolleita.
0 comentarios:
Publicar un comentario