22 oct 2013
2ª Xornada de Mercadiño
Continuou a actividade do Mercadiño na súa segunda xornada.
Hoxe, martes, apareceron máis persoas con libros usados tanto para doalos coma para emprestalos e realizáronse varias operacións de cambio e compra de títulos que lles interesaban tanto a profesores coma a outros alumnos.
Ata o venres podedes colaborar co Club de Lectura no seu Mercadiño de Libros
Agora vos deixo coa nova de Televinte que se achegou ao instituto para cubrir a nova e ... aproveitou para mercar un libriño. Grazas.
0 comentarios:
Publicar un comentario