O club de Lectura A Quenda do Libro e a Biblioteca do IES Lama das Quendas queremos ofrecerlle a tod@ comunidade educativa a posibilidade de levar tres libros en préstamo para o verán.
So tedes que pasar pola biblioteca nesta derradeira semana de curso. Elixir os tres libros que ti queiras, dar o teu carné ( ou o nº) da biblioteca ...
E xa poder ir coas lecturas cara a casa para gozar dun gran verán no que ademais de xogar, pasear, durmir,nadar... poderás...
19 jun 2013
18 jun 2013
Por este curso rematamos
Ola a tod@s!
Non será esta a derradeira entrada deste 2012-13 ( porque como ben se di o curso remata en setembro) pero isto vai acabando...
Neste momento de recapitulación quería deixar por escrito algunha cousiña sobre os diferentes grupos do Club: pais , nais,profes e alumnado.
Comezamos polos rapaces e rapazas que durante todo o ano un martes tras outro acudiron á Aula multimedia para gozar coas lecturas e coas actividades realizadas .Grazas a tod@s e agardo que vos quedara bo sabor de boca e que aló por setembro -outubro queirades atoparvos de novo coas propostas do Club de lectura.
Aos compañeir@s do IES agradecervos os...
12 jun 2013
Os de 1º B de ESO crean textos divertidos.
Ola!
Derradeiro martes con rapaces de A Quenda do libro. Onte despedímonos coa rapazada de 1º B de ESO.
Algúns disculparon a súa ausencia por mor dalgunha proba que tiñan que facer, que estamos a fin de curso,pero os que viñeron riron a esgalla.
Xogamos aos "cadáveres exquisitos" de Rodari e , a verdade, é que houbo quen chorou coa risa.
Aí tedes algunhas fotografías nas que se ve aos de 1º B de ESO durante a reunión.
...
10 jun 2013
Reunión do alumnado do club . 1ºB de ESO
Ola!
Mañá martes, como xa sabedes, a rapazada de 1º B de ESO reunirase na Aula Multimedia na derradeira xuntanza de rapaces deste curso 2012-13.
Levaremos panos por se alguén solta algunha bágoa. Parécevos?
Ata ma...
5 jun 2013
Faladoiro de Dime quién soy
Ola!!
Onte, martes 4 de xuño, reunímonos na Aula Multimedia un grupo de profesoras e un profesor para comentar a novela de Julia Navarro titulada Dime quién soy.
Para empezar, debo dicir que nos gustou a tod@s os que estabamos na reunión( e a un par de compañeiras máis que, por razóns de traballo non podían estar presentes).A lectura resultou amena e interesante.
Cómpre tamén engadir que partimos da base de que é un superventas no que non podemos atopar ( nin a buscabamos) a calidade doutras pezas da literatura...
4 jun 2013
A visita do Clube a Compostela
Ola!
Como prometemos aí vai , en imaxes, o resumo do feito en Compostela pola rapazada do Club A Quenda do Libro o pasado xoves, 30 de maio.
Que vos guste!
Foi unha boa xornada! A que si rapaces?
Aburiñ...
2 jun 2013
Do primitivo ao máis moderno.E de camiño, o audiovisual.
Ola amig@s!
Hoxe contaremos a viaxe que fixemos o pasado xoves,30 de maio a Santiago.Eramos cincuenta e dous alumn@s e tres profesores ,membros do club de lectura, quen os acompañamos.
Saímos de Chantada ás 9:45 para chegar á Cidade da Cultura , no monte Gaiás, algo antes da hora da visita guiada que tiñamos concertada.
Divididos en dous grupos visitamos o complexo cultural e, no Museo de Galicia, unha fantástica exposición titulada "Orinoco". Todos quedamos abraiados coas habelencias das tribus...