Ola!!
Acaba maio e con el este proxecto que dende o Club de lectura e a Biblioteca do IES Lama das Quendas coa colaboración inestimeble de Televinte viñemos desenvolvendo ao longo do mes das Letras Galegas para festexar o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
As que poñen punto e final son Irene e Yanira que vocalizan as palabras da nosa grande poeta Rosalía de Castro.
Pero lembrade que as letras galegas durarán sempre e tanto coma nós , os galegos, queiramos.
Longa vida as nosas letras!!
...
31 may 2013
30 may 2013
Ainda que pareza... non é despedida
Ola!
Hoxe Xabier e máis Tamara len un dos poemas máis coñecidos da poeta de Padrón.
Velaí os tedes:
Grazas a este rapaz da ESO e a esta rapaza da ESA por prestarnos a súa voz.
Ata mañ...
29 may 2013
De Follas... a Cantares...
Boas tardes!
Case da pena que remate maio. Por que? Porque presta ver cada día a rapaces coma Miriam, Pablo ou Estefanía lendo poemas de Rosalía. Calquera poema é un anaco de sentimento que nos invade.
Velaí tedes aos vosos compañeiros:
E mañá máis !
Aburiñ...
28 may 2013
De San Antonio bendito... a Queridiña dos meus ollos
Ola!
Un día máis podedes ver e escoitar a Darío con Queridiña dos meus ollos... e a Ana con San Antonio bendito... No primeiro segundo poema , por boca de muller, pídeselle ao santo un home ; e no segundo a moza ten parella máis non o ten preto , circunstancia pola que pena o namorado.
Pero deixémonos de explicacións e... velaí tedes a este rapaz de 2º e a rapaza de 1º de ESO.
Grazas por colaborar!
Ata mañ...
Vaia poemas!
Ola amig@s!
Hoxe ,28 de maio, veu á reunión do club de lectura a rapazada de 1º A de ESO para xogar cos poemas.
Velaí os tedes .
Hoxe lemos poemas.Despois, cada rapaz e rapaza escolleu o verso que quixo destes tres poetas:Juan Ramón Jiménez, García Lorca ou Rafael Alberti.
E fixemos cendóns, é dicir, composicións feitas con versos que tomamos prestados.
Aquí vos deixo un par deles.
I
LLueve sobre el campo verde.
¡Ay,...
27 may 2013
Máis Letras
Ola!
Iniciamos o derradeiro tramo deste camiño que comezou co mes que andamos.
Hoxe poñenlle voz a Rosalía os rapaces de 1º de ESO : Rafael e David.
Escoitémolos.
Ata mañá que volvemos con mái...
O martes , se és de 1º A , non nos faltes
Ola!!
So quería recordarlle á rapazada de 1º A que mañá martes, 28 de maio, na Aula Multimedia xuntarémonos para... Bueno, xa veredes o que imos facer.
Agárdovos.
Ata mañ...
26 may 2013
Falamos de La Sonrisa Etrusca
Ola!!
O pasado xoves, 23 de maio, tivemos a reunión de pais e nais para comentar a novela máis coñecida, e recoñecida, de José Luis Sampedro.
Co grupo de nais e pais que acudiron lembramos ao economista e filósofo que nos deixou no mes de abril , admiramos o sarcófago de Los Esposos que se atopa en Villa Giulia, en Roma e pasamos a comentar a lectura.
Tod@s consideramos que é moi tenra , entre outras razóns porque Salvatore Roncano , obrigado a deixar a vila pola cidade e soportando un cancro que o leva cara a morte , coñece ao seu neto e todo o orgullo, soberbia, chulería e malos pensamentos viran ; e pouco a pouco convértese...
24 may 2013
Xa van catro semanaas de Cantares!
Ola !
Rematamos a semana coa lectura destas tres raparigas de 3º de ESO que nos ofrecen: Pasa río... , Airiños...,Eu ben vin estar o moucho... Tres fermosos poemas que son como anacos da natureza galega.
Mirádeas e escoitádeas.E de segundas, pechade os ollos e sentirédesvos mesmamente mergullándovos na paisaxe.
Grazas a Lucía Mirás, Marisol e Lucía Fernández.
Ata o luns non haberá máis poemas , pero mañá contareivos algo da reunión do venres con pasi e anis do club de lectura.
Bo fin de semana!
Aburi...
23 may 2013
Eu cantar,cantar cantei,...castellana de Castilla
Ola!
Un día máis lembrando a Rosalía. Hoxe en boca de Evelyn e Lidia máis de Manuel que a través de Televinte e do blog da Biblioteca e o do Club de Lectura chegan á vós.
Hanvos gustar!
Grazas aos tres!
Vémonos ma...
22 may 2013
Rosalía na ESA
Ola!!
Xa sabedes que no Lama das Quendas temos ESO e ESA.Pois o alumnado da ESA , quixo tamén colaborar neste proxecto e aí tedes a Amelia,Helena e Fabio poñendo nos seus labios as palabras de Rosalía de Castro.
Prestade atención.
Grazas amigo@s!
&nb...
Titulando.

Onte, martes, viñeron á Aula Multimedia rapaces e rapazas de 2º de ESO.
Adicamos un anaco a ler poemas aos que logo lle buscaban título. Poidemos comprobar as múltiples posibilidades en función das sensacións de cada un.
Tamén puidemos comentar os vídeos que cada día saen en Televine nos que esta rapazada ten un papel primordial.
Acabamos comentando a viaxe cultural que faremos a Santiago co Club de lectura.
E coma sempre que o estamos pasando ben o timbre sonou moi pronto. Ou...
21 may 2013
Deslealdade!!
Ola!
Seguimos festexando as letras galegas con Rosana e Nacho que nos len dous poemas nos que a traizón , da moza ou de Castelá, é o tema da composición.
Grazas aos dous !!
Ata mañ...
20 may 2013
Segue a poesía de Rosalía !!!
Ola!!
Xa estamos no 20 de maio!
E seguimos festexando as letras galegas a través de Cantares Gallegos.
E na voz de María e Laura escoitamos ese poema tan alegre que di Se a vernos,Marica, nantronte viñeras...
E Pilar rematou o poema ¿Que ten o mozo? .
Mirádeas e escoitádeas:
Grazas rapaciñas!!
Ata mañá!!
...
19 may 2013
Reunión do alumnado de 2º de ESO e reunión de Pais e nais
Ola!
So quero lembrarvos as reunións que vai haber nesta semana que comeza.
O martes, 21 , feira en Chantada, teremos a reunión dos alumnos e alumnas de 2º de ESO que pertencen a A Quenda do Libro.
Veremonos pois na aula Multimedia, as 11:45.
E o xoves, 23 de maio, ás 18:30 h., na Biblioteca do IES xuntarémonos cos pais e nais que son do club para comentar a derradeira lectura :La Sonrisa Etrusca.
Non o esquezades.
Aburi...
16 may 2013
Mañá o día das letras...
Ola!!
Neste día frío e chuvioso , na víspera do 17 de maio imos ver e escoitar a Andrea e Verónica que nos leron un fragmento de A Gaita Gallega e ¿Que ten o mozo?
Mirádeas e escoitádeas:
Grazas rapaciñas!
A todos e todas: que teñades un bo día das letras galegas! Pero sempre, cada día.
Aburi...
15 may 2013
Non che digo nada...Meniña , ti a máis fermosa
Ola!
Neste 15 do mes das letras,aniversario do 15M, penso que Rosalía sería unha indignada máis que se uniría a calquera esforzo por cambiar o mundo.
Pode que a poesía sexa unha ferramenta máis.
Grazas Sandra!
Grazas Santiago!
Mañá mái...
14 may 2013
Outros dous poemas de Cantares Gallegos
Ola!!
Neste catorce de maio Un repoludo gaiteiro quería enganar as nenas que din Nasín cando as prantas nasen...
Foi Rosalía quen escribiu estes dous poemas para que leran Alberto e Yoo-Jin.
Escoitádeos!
Grazas aos dous pola vosa voz!
Aburi...
Xogamos con Pablo... Neruda
Ola!
Dicíavos onte que no recreo de hoxe xogariamos con Pablo,Pablo Neruda, o poeta chileno autor , entre outros, de Los versos del capitán ou Veinte poemas de amor y una canción desesperada.
A min pónseme a pel de pita escoitando algún poema nas voces de Olga Manzano e Manolo Picón.Velaí a mostra:
E que dicir destes versos nerudianos na boca de Paco Ibáñez!!
Pechade os ollos e "mirade" co corazón!
Bueno, ás rapazas de 3º e 4º que saen na foto mirádeas cos ollos ben abertos!!
Vémonos...
¡Canta xente..., canta xente
Canta xente agardando polo poema do día e preguntando que pasara.
Pois foi un despiste que xa está subsanado como podedes ver porque Lucas pon voz as verbas de Rosalía.
Disfrutádeo.
E hoxe á notiña... outro!
Ata loguiño...
13 may 2013
Quedamos sen poema...
Ola!
Non sabemos por que pero hoxe Televinte non emitiu o poema de Rosalía.
Por máis que o intentamos non fomos quen de poder contactar con eles, así que agardemos a mañá para coñecer o ocurrido.
Aínda así aí vos deixo a voz da miña veciña Lucía Pérez cantando Adios ríos , adios fontes...
Que vos guste...
Ata mañ...
Reunión de 3º e 4º de ESO
Ola!
Só quería lembrarvos aos de 3º e 4º que mañá martes, na Aula Multimedia, durante o recreo xuntarémonos para xogar con Pablo!!
Vémonos!!
Aburi...
10 may 2013
Tan soio, De balde no medio de Cantares
Ola a tod@s!
Para rematar a semana dous poemas na voz de Diego Otero e Andrea García de 4º de ESO.
Tan soio darlles as grazas por traballar De balde neste proxecto.
Escoitádeos !
Boa fin de sema...
Os de 1º de ESO en Monforte.

Como vos comentei os de 1º de ESO foron o pasado martes, 7 de maio , a Monforte para berrar aos catro ventos que o galego é a chave do mundo.
Con esta chave queremos abrir as portas de milleiros de libros que nos agardan por ler para poder vivir.
Velaí os vedes baixando do castelo da cidade do Cabe.
Nunca deixedes de defender o noso...
Emenda.
Como vos dicía onte , había un erro no nome de unha das rapazas que leron. E amablemente ,Televinte fixo a corrección hai un par de horas polo que nós insertamos agora o vídeo correcto.
Graza...
9 may 2013
Cando a luniña aparece...
E en Televinte escoitamos e vemos a Marian e Andrea...
Tod@s sabemos que é Marian, non está ben o nome que aparece. Pode que o subsanen deseguida pero mentres a Deus o que é de Deus e ao César o que é do César.
Len este fermoso poema que remata dese xeito tan romántico:
Aí tes o meu corasón
si o queres matar ben podes:
pero, como estás ti dentro,
tamén, si ti o matas, morres.
Facédelle un sitio á poesía no voso corazón.
Paga a pena!
Grazas Marian ! Grazas Andrea!
Ata ma...
8 may 2013
Cantar para non chorar?
Ola!
Novo día, nova poesía. Nesta ocasión é Noela quen le a Rosalía. Esta di que a gaita galega non canta,que chora. Ti que cres?
Eu o que quero e que cante!
Grazas Noela!
Ata mañá
&nb...
7 may 2013
Canta se queres/ na lengua que eu falo
Hoxe , martes 7 de maio "cantaron" na nosa lingua Jorge e José Luis.Pola mañá no Correlingua e pola noite en Chantada.
Pois iso... cantemos; porque xa o di o refrán :o que canta...
Vale, vale, velaí vai o primeiro dos poemas de Cantares Gallegos.
Seguímonos vendo e escoitando!
Ata mañ...
6 may 2013
Neste luns ...oíde campás!
Ola!!
Oídes campás?
Pero, sabedes onde?
Iso é ,en Bastabales!! É Marina quen as fai sonar!
Grazas Marina!
Lembrade que mañá non nos xuntamos no clube de lectura porque xuntos ,no Correlingua ,defenderemos o Galego no mes das Letras galegas.
Aburi...
4 may 2013
Novo día, outra poesía.
Ola rapazada!
Onte, venres, tocoulle asomarse ás pantallas a Sergio Simón que nun precioso día de primavera nos ofreceu "Como chove miudiño" de Cantares Gallegos.
Olládeo e escoitádeo.
Parabéns!!
O luns máis.
Abur...
2 may 2013
Comeza o mes das Letras Galegas!!
Ola rapazada!!
Non creades que nestes días non houbo reunións.Non estivemos calados. Tampouco quietos.Polos corredores, nas clases, no instituto e fóra del encontrámonos decotío.
Veredes.
Levamos días organizando o mes das Letras Galegas que imos celebrar de xeito especial.
Sabedes que o 17 de maio adícase a Roberto Vidal Bolaño , pero nós estamos a traballar a poesía no Club de Lectura e ,aproveitando que neste mes se conmemora o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro , imos render un sinxelo homenaxe á autora de Padrón.
Coa colaboración da Biblioteca do IES Lama das Quendas e Televinte ( a canle de Tv local) cada día rapaces de todos os cursos da ESO lerán un fragmento...