26 nov 2012

Aprazada a reunión de 1º A de ESO

Mañá, martes ,27 de novembro tiñamos reunión os de 1º A de ESO  no club de lectura .Pero  van  ao teatro a Pontevedra!!! Van eles e mais outros moitos alumn@s de francés da ESO e do Bacharelato.  Logo,  a reunión queda aprazada para o vindeiro martes,4 de novembro no que xa faremos o comentario dos libros. Desexo que o pasedes todos  moi ben  nesa representación de   L´Avare  de Moliere  e agardo que vos fixedes  nos temas que trata a peza teatral:a cobiza, en primeiro lugar, pero tamén a tiranía doméstica , o egoísmo e o sexismo Lembrade que é unha peza teatral que está na biblioteca...

20 nov 2012

Reunión do alumn@do de 4º de ESO

  Hoxe  martes, foi a  quenda dos alumnos de 4º de ESO. Xuntámonos na Aula Multimedia , como quedaramos.  O seu  libro de lectura é un  de Marina Mayoral  titulado Tristes Armas. Varias alumnas xa  o teñen lido  a estas alturas de novembro. Elas si que son previsoras!! E  organizadas!!  Xa  programamos unha especie de "batalla de lecturas" que terá lugar o vindeiro martes, 18 de decembro no que "confrontarán as súas lecturas" os alumnos de 4º de ESO e os de 3º de ESO. Acordamos, ademais realizar e preparar  algunha outra actividade como unha...

18 nov 2012

Aviso para alumnado de 4º de ESO

...

13 nov 2012

Reunión de alumnas de 3º A e 3º B de ESO

Hoxe, martes e 13, a pesar da mala fama, foi un bo día de xuntanza cos de 3º A e 3º B. Viñeron poucos, mellor dito, poucas  á reunión e algúns xustificaron a súa ausencia por mor de exames,partido... e algunhas porque seica se esqueceron... claro que é posible.            As que estivemos fixemos unha chuvia de ideas sobre   Ler   para que?Así xurdiron unha chea  de respostas que axiña  habedes  ver no panel do club de lectura, á entrada do instituto.            Xa veremos se  vos gusta  a "manualidade"....

11 nov 2012

Aviso da reunión con 3º de ESO

Rapaces e rapazas de     3º A e  3ºB de ESO: vémonos o vindeiro martes,13 de novembro  na Aula  Multimedia  para a nosa reunión do c...

7 nov 2012

Club de lectura de Pais e Nais

O martes ,6 de novembro tiñamos citados aos pais e nais  que querían participar no club A Quenda do Libro. Á hora prevista, as 18:00 horas, chegaron un bo grupo de pais e nais á Biblioteca. Algunha persoa era a primeira vez que pisaba esta dependencia do IES, pero non ha ser a última. Outras lembraron os seus anos mozos como alumnos/as do instituto e as súas horas  na Biblioteca do mesmo. Foi unha xuntanza para constituir o grupo e botalo a andar.Quedamos en ler O Principiño no idioma que prefiran: galego, castelán, francés, inglés, portugués... e mesmo algunha nai  ten  o libro en coreano, pero... vai...

Reunión do club con alumn@s de 2º A e 2º B de ESO

O martes, 6 de novembro a rapazada de 2º de ESO encheu a Aula Multimedia para participar no Club de lectura. Propúxose a lectura deste trimestre : Lambertooo!!! de Jordi Sierra i Fabra .  Hai rapaces que o lerán en galego e outros en castelán.  Despois puidemos ver unha  homenaxe que lle fixo ao autor a súa propia familia  repasando os feitos máis salientables vividos por Jordi dende que era neno. Mais tarde , no pouco tempo que nos quedou do recreo , comezamos a ver unha entrevista que  Dani Mateo lle fixo ao autor catalán  no programa  Noche sin tregua 1ª Parte y 2ª parte. para...

4 nov 2012

Aviso para pais e nais de A Quenda do Libro

A eses  homes e mulleres, pais dos nosos alumnos, que aceptastes  participar  no  Club de Lectura “A Quenda do Libro”  quero lembrarvos que quedamos  citados  para  o  martes, 6 de novembro, ás 18:00 h. na Biblioteca do IES Lama das Quendas. Manteremos  unha breve reunión na que se constituirá o  grupo e  concretaremos o libro de lectura deste primeiro trimestre. Se  alguén non puidera  asistir, ou se enterou demasiado tarde por outros pais ( porque seica algúns alumnos non entregaron a "invitación" nos seus fogares) , poderá consultar o título do libro e a data da seguinte reunión  para comentalo neste blog.  Agradecemos  a vosa disposición  para  compartir...

Aviso para 2º A e 2º B de ESO

...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India