
Ben, amiguiños e amiguiñas, despois das xuntanzas para comentar Cuento de Navidad (luns 19, rapazada e mércores 21, profesorado) comenzamos as vacacións de Nadal, que ben aproveitadas dan para descansar, estar coa familia e cos amigos, xogar e troulear, e, por suposto, seguir lendo á vontade. En concreto, neste club de lectura quedan abertas as páxinas de El asesinato del profesor de matemáticas, de Jordi Sierra i Fabra (para a ESO) e O único que queda é o amor ou Non hai noite tan longa, a elixir (calquera dos dous de Agustín Fernández Paz), para os maiores. Ademais, hai unhas propostas marabillosas no blogue da bilioteca (Biblioquendas):...