22 dic 2011

Ata o 2012!

Ben, amiguiños e amiguiñas, despois das xuntanzas para comentar Cuento de Navidad (luns 19, rapazada e mércores 21, profesorado) comenzamos as vacacións de Nadal, que ben aproveitadas dan para descansar, estar coa familia e cos amigos, xogar e troulear, e, por suposto, seguir lendo á vontade. En concreto, neste club de lectura quedan abertas as páxinas de El asesinato del profesor de matemáticas, de Jordi Sierra i Fabra (para a ESO) e O único que queda é o amor ou Non hai noite tan longa, a elixir (calquera dos dous de Agustín Fernández Paz), para os maiores. Ademais, hai unhas propostas marabillosas no blogue da bilioteca (Biblioquendas):...

16 dic 2011

Xa vén o Nadal!

Para ir collendo xeito de festa, o vindeiro luns, coma sempre no recreo, na aula multimedia,  imos facer unha sesión en inglés, en relación coa obra Cuento de Navidad de Charles Dickens. Non esquezades vir! ...

28 nov 2011

Contos por palabras

Hoxe no recreo comentarmos Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz, que tivo moi boa acollida entre os nosos lectores. Dende aquí animámosvos a botalle unha ollada a Amor dos quince anos, Marilyn, outra obra deste autor chairego na que emprega a mesma estrutura de glosa dun anuncio por palabras. ...

21 nov 2011

De profundis

Hoxe comentamos a primeira lectura: De profundis. Non vos esquezades de vir no recreo á aula multimedia e de facer despois os vosos comentarios. Tamén podedes ir pensando na próxima lectura! Por certo, as lecturas seleccionadas polos adultos son: Cuento de Navidad, de Charles Dickens; Non hai noite tan longa, de A. Fernández Paz e Los renglones torcidos de Dios, de T. Luca de Tena...

2 nov 2011

Isto marcha!

Xa están decididas as primeiras lecturas: Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz para o primeiro ciclo da ESO El asesinato del profesor de matemáticas, de Jordi Sierra i Fabra para 3º e 4º de ESO De profundis, de Miguelanxo Prado, para Bacharelato Podedes pasar pola biblioteca a recoller os libros cando queirades, porque o Club de Lectura Guntín emprestounos parte dos seus exemplares. Dende aquí agradecémoslle a colaboración e felicitamos ó equipo da biblioteca polo premio que recibiu o curso pasado. Como podedes ver, só nos queda por determinar a lectura para o grupo de adultos, aínda...

17 oct 2011

Aviso ós lectores e lectoras

A reunión informativa sobre o funcionamento do Club de Lectura terá lugar hoxe, no recreo na aula multimed...

13 oct 2011

Benvid@s!

Este é o blogue do Club de Lectura do IES Lama das Quendas de Chanta...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India