25 abr 2023

Libro de narrativa do club de lectura do profesorado e persoal non docente (III trimestre)

Unha noite no tren da Vía Láctea
Kenji Miyazawa

Por fin a famosísima obra literaria de Kenji Miyazawa se publica en galego. Neste volume, traducido por Gabriel Álvarez e ilustrado por Miguel Robledo, inclúense sete dos seus relatos máis coñecidos: ‘Unha noite no tren da Vía Láctea’, ‘A estrela da avenoiteira’, ‘A araña, a lesma e o tanuki’, ‘A oficina dos gatos’, ‘Orbel e o elefante’, Matasaburó, o do vento’ e ‘Gauche o violoncellista’. A poesía do cotián, a desbordante imaxinación e a tenrura caracterizan un clásico moderno, considerado “o Principiño” da literatura xaponesa.



0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India