
Lendo e comentando “Binomios fantásticos” de Miguel Robledo, libro
ilustrado editado polo Sindicato del Cómic de Ourense, déusenos por xogar coas
palabras e, trebellando e trebellando, fixemos o seguinte: nun saquiño puxemos
nomes de cousas, e noutro adxectivos. Logo unímolos ao chou e saíronnos
binomios máis ou menos fantásticos, dos cales fixemos micro-historias. Mais non
nos quedamos aí, non! Nunha segunda sesión, engadimos unha personaxe que, tamén
ao azar, correspondeulle cadanseu obxecto… Foron nados así os nosos…
BINOMIOS EXTRAÑOS!!!
Permanecede atentxs ás historias de…
O GRANXEIRO ANANO
e o MILLO CORREDOR.
O INMIGRANTE
MÁXICO...