
Pois a verdade é que “Xa vai o griffon no vento” de Alfredo Conde non
chegou a enganchar aos asistentes á reunión do club de nais, pais e amigxs… As
vidas paralelas dun inquisidor na Galiza do século XVI e un escritor/profesor
galego dos anos ’80 do pasado XX, a Armada Invencíbel e o contrabando de libros
que traían as novas ideas humanistas ao Santiago de Compostela dos tempos de
Felipe II, a animada vida universitaria dunha pequena cidade francesa… non foron quen
de convencer aos membros do club, cecais por unha linguaxe e unha estruturación
arrevesada e en ocasións barroca, tal como se comentou na reunión mantida. Ben,
non sempre se acerta…
Iso...