30 nov 2017

Ate a próxima, Astérix e Obélix!

E chegamos á fin da nosa viaxe ao tempo dos romanos da man de Astérix e Obélix… Pouco máis que dicir que non se comentara xa nas pasadas reunións cos grupos de 2º da E.S.O.: alumnxs aos que non lles fai moito aquel iso de ler bandas deseñadas, outrxs que están encantadxs (algún vello fan dos galos había por aquí!), historias xa comentadas e outras novas, coma a de “Astérix e os pictos”, na que aparece a terra da Caledonia ou, como se coñece na actualidade, Escocia.  Mais coma sempre, moito banquete con xabarís, moitas liortas cos romanos despois duns tragos de poción máxica, moitas viaxes e moitas aventuras polo pasado das terras que...

23 nov 2017

Outra ración de poción máxica, por favor!!!

Na reunión co alumnado de 2º E.S.O. B e C continuamos a falar dos nosos benqueridos Astérix e Obélix. Algúns dxs integrantes deste grupo comentaron que non eran moi seguidorxs da banda deseñada, xa que consideraban algo lioso o seguir as viñetas e entender ben a orde dos bocadillos cos textos e diálogos. Houbo un pequeno debate a favor e en contra deste xeito de facer literatura, no que quedou de manifesto que sempre hai gustos e formas diferentes de ver as cousas, mais igual de válidas e compatibeis as unhas coas outras á hora de compartir a nosa afección pola lectura. Falamos despois un pouco das historias escollidas polo alumnado deste...

16 nov 2017

Unha ración de poción máxica, por favor!

Hoxe tivemos a reunión co grupo de 2º E.S.O. A, onde falamos de catro das aventuras dos nosos heroes galos Astérix e Obélix, sempre acompañados do pequeno e fiel Idéfix: “Astérix lexionario”, “Astérix O Galo”, “Astérix e as 12 probas” e “Astérix en Bretaña”. Nelas o común denominador é deixar quedar mal aos pobriños (ben, realmente, non tan pobriños) romanos grazas, ademais da máxica poción que lle confire unha forza sobrehumana a aquel que a tome, da astucia e intelixencia, ademais do traballo en equipo, que posúen os galos. Mais o verdadeiramente interesante destas bandas deseñadas, creadas hai case 60 anos polos franceses René Goscinny e...

9 nov 2017

Próximas reunións do alumnado!!!

...

6 nov 2017

Filosofemos en BD!

...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India