E xa lle tiña ganas!!
Despois de tres anos de andaina, por fin!, este Club de lectura conta con un grupo de 1º de Bacharelato.
Hoxe, martes, tivemos a primeira reunión de contacto á que acodiron os rapaces e rapazas da fotografía. Falamos de lecturas e datas de reunións.
Eles , xa dende o xuño pasado, tiñan moi claro o que querían ler.
De modo que, comezaremos con Crónica de una muerte anunciada de Gabriel García Márquez .
Comprometéronse a ter lida a novela para o vindeiro 4 de novembro.
Así que , se es de 1º de Bac e che gustaría ler este libro ,ou xa o fixeches ,e/ou estás interesado en compartir connosco...
23 sept 2014
12 sept 2014
Outro libro liberado

Ola amig@s!
O verán é tempo de vacacións pero, ademais, é tempo de ler, de viaxar...E así o fixo un dos libros que foran liberados polo 23 de abril, El curioso incidente del perro a medianoche de Mark Haddon que partiu do verán de Chantada,cruzou o Atlántico e chegou ao Pacífico, a Chile, exactamente ao inverno de Viña del Mar, na rexión de Valparaíso onde foi liberado por un amigo de A Quenda do Libro.
Libro amigo, que teñas unha boa viaxe nas mellores compañías.
Arriba tedes a fotografía do momento e lugar da liberación nun dos corredores
( si, alí son así) da Universidade de Viña del Mar (UVM).
Coñecida esta historia,...
11 sept 2014
A soas cos lectores, esa pequena maioría
Pedro Feijoo: A soas cos lectores, esa pequena maioría. from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Ola amig@s!
Para dar fin a esta serie temática sobre as VII Xornada dos Clubs de Lectura, déixovos coa conferencia que pechaba o día, a de Pedro Feijoo, autor galego benquerido polos lectores que ben saben a quen escollen e por que elixen ,fóra das modas e das campañas publicitarias.
O título da súa charla é o que vai ao comezo desta entrada e trata sobre a recuperación do contacto coa masa lectora galega a través dos best-sellers( tan denostados por algúns críticos). Ademáis o escritor compartiu connosco a súa experencia dentro do sitema literario galego e cos clubs de lectura.
Escoitádeo a el que se explica moi ben.
E , despois de escoitalo, non...
9 sept 2014
Os mediadores e a soidade do lector
Ola !
Este título non é propio , tomeino prestado de Luis González Martín, Director Xeral da Fundación Germán Sánchez Ruipérez e relator da conferencia inaugural na VII Xornada dos Clubs de Lectura o pasado 6 de xuño.
Por se for do voso interese , déixovos o vídeo que vos recomendo porque hai reflexións interesantes.
Luis González Martín. Fundación Germán Sánchez Ruipérez from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Aburiño!! ...
5 sept 2014
Outras experiencias en distintos Clubs de Lectura de Galiza
Ola amig@s de A Quenda do Libro!
Cada un d@s que pertencemos ao Club de Lectura do Lama das Quendas sabemos o que facemos neste proxecto ,que so ten tres anos de andaina, e sabemos como nos sentimos dentro del , pero é moi enriquecedor escoitar o que se fai noutros lugares, noutros centros e aprender para cambiar algo que pode ser mellorable ou reforzar o que cremos que estamos facendo ben.
Mª Xesús, Susana, Gracia e Ana belén ,compañeiras dos Clubs de Lectura de institutos das catro provincias galegas fasn as súas aportacións nunha mesa de experiencias que ten por título" Unha visión sobre as lectoras e os lectores dos clubs de Lectura e o papel da persoa mediadora".
Velaí tedes o vídeo:
Unha visión sobre as lectoras e os lectores dos clubs e o papel da persoa mediadora...
4 sept 2014
Rematan os cambios no blog
Ola a tod@s!
Díxenvos hai uns días que estabamos remodelando o Blog do Club de Lectura para facelo un pouco máis atractivo e operativo. Ben, pois tras algunhas horas de traballo (e grazas á axuda impagable dalguén experto nestas lides) esas modificacións remataron e xa estamos a pleno rendemento aínda que queda pendente algunha novidade , que en forma de sección, se introducirá ao longo do curso.
Sabede que mudamos a dirección deste blog. Mantemos todo o que había e seguiremos actualizando a páxina pero con nova dirección . Así que se queredes entrar na páxina do Club de lectura do I.E.S. Lama das Quendas haberedes teclear aquendadolibro.blogspot.com porque a vella xa non funciona.
Nesa páxina agardamos os vosos comentarios sobre o novo blog e sobre calquera entrada que se...
3 sept 2014
O que a VII Xornada dos Club de Lecturas deu de si
Ola amig@s!
Lembrades que a finais do curso pasado asistín á VII Xornada dos Clubs de Lectura a Santiago e que fixen algún comentario nalgunha entrada ao respecto? Pois agora quero deixarvos o enlace co vídeo que Bibliotecas Escolares de Galicia fixo como resumo das actividades realizadas para que teñades información visual e auditiva sobre o evento.
En entradas sucesivas , e mentres a rapazada non se incorpore ao centro, irei proporcionándovos o acceso a todos os vídeos da xornada.
Que quitedes proveito!
Aburiñ...
1 sept 2014
Estamos de volta!
Ola amig@s!
Tralas vacacións deste raro, a nivel climatolóxico, verán xa estamos de volta.
Todo ben? Tod@s ben? Xa contaredes.
Agora , neste 1º de setembro,so desexo mandarvos un saúdo e informarvos de que "estamos en obras" no blog porque desexamos facerlle un lavado de cara e melloralo, no que sexa posible, para facelo máis práctico e útil para tod@s . Así que, se observades calquera "cousa rara" mentres estamos traballando nel , disculpade e pensade o difícil que é vivir nunha casa mentres se fan obras nela. A que si?
Pouco a pouco irei "subindo" novas " deste par de meses pasados porque A Quenda do Libro, coma a cabeza, non para!
Como aínda hai tempo, sobre todo para vós ,rapaciños e rapaciñas, lede, e lede e volvede a ler!
Vémonos antes do que quixerades!Jajaja.
Ab...