Ola!
Se és de 1º ou 2º de E.S.O. e che gustan os libros e compartir o que les, realizar actividades relacionadas coa lectura e pasar un bo anaco os martes na hora do recreo...vén á reunión de A Quenda do Libro que terá lugar o vindeiro martes, 1 de outubro,ás 11:15 no Salón de Actos do I.E.S. Lama das Quendas.
Vémonos e comezaremos a planificación do clube.
Aburiñ...
30 sept 2013
28 sept 2013
Un novo capítulo
.jpg)
Ola amigos!
Hoxe asomámonos a este blog ,silandeiro durante o verán, para estrear lecturas.
Estamos a piques de iniciar unha nova entrega da historia de A Quenda do Libro,unha obra protagonizada por un bo fatado de nenos e nenas, mulleres e homes que nos xuntamos no Lama das Quendas para comentar as nosas lecturas.
Estades preparados?
Non o dubido.
Douvos a benvida neste recén estreado outono e prégovos que permanezades atentos ás novas e ás convocatorias...