Na reunión sinalouse que o relato que máis lles gustou foi " O espello do viaxeiro" mentres que "O Fornadas" pareceulles espeluznante. O titulado "A loba " é duro polo seu desenlace no que morre queimado o fillo-bebé do protagonista. A derradeira narración " O cumpremortes " lembrábanos un relato de Joan manuel Gisbert "Los mensajeros de la muerte" integrado no libro Los caminos del miedo.
Todas as asistentes concordamos en que era unha lectura entretida pero con historias que dan medo ( e máis darían se mentres lemos petan na porta pola noite).
Do libro de 4º, que gustou pola trama detectivesca na que se ve inmerso o rapaz protagonista , destacamos a crítica que se fai á xustiza ( non atende adecuadamente aos pobres e desfavorecidos),á especulación urbanística que manipula a natureza ao seu favor e algún que outro comentario sobre as dificultades para sobrevivir dos que se consideraban roxos ou con antecedentes por "desafecto al Régimen" e aos mortos da guerra civil .Estas notas dan certo sabor amargo a este libro que, por outra banda,deixase ler e remata ben.
Pasamos un bo anaco e xa, sobre o timbre de volta a clase comentamos as datas dos encontros do 3º trimestre e estamos buscando posibles lecturas para propor.

Coma sempre, grazas por estar , por participar e vémonos axiña.
Aburiño!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario