28 nov 2011

Contos por palabras

Hoxe no recreo comentarmos Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz, que tivo moi boa acollida entre os nosos lectores. Dende aquí animámosvos a botalle unha ollada a Amor dos quince anos, Marilyn, outra obra deste autor chairego na que emprega a mesma estrutura de glosa dun anuncio por palabras. ...

21 nov 2011

De profundis

Hoxe comentamos a primeira lectura: De profundis. Non vos esquezades de vir no recreo á aula multimedia e de facer despois os vosos comentarios. Tamén podedes ir pensando na próxima lectura! Por certo, as lecturas seleccionadas polos adultos son: Cuento de Navidad, de Charles Dickens; Non hai noite tan longa, de A. Fernández Paz e Los renglones torcidos de Dios, de T. Luca de Tena...

2 nov 2011

Isto marcha!

Xa están decididas as primeiras lecturas: Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz para o primeiro ciclo da ESO El asesinato del profesor de matemáticas, de Jordi Sierra i Fabra para 3º e 4º de ESO De profundis, de Miguelanxo Prado, para Bacharelato Podedes pasar pola biblioteca a recoller os libros cando queirades, porque o Club de Lectura Guntín emprestounos parte dos seus exemplares. Dende aquí agradecémoslle a colaboración e felicitamos ó equipo da biblioteca polo premio que recibiu o curso pasado. Como podedes ver, só nos queda por determinar a lectura para o grupo de adultos, aínda...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India